Do día 8 ao 12 de marzo conmemorouse a Semana da Prensa en todos os centros educativos de Galicia. No noso cole realizáronse distintas actividades relacionadas coa prensa. Así pois, o alumnado de terceiro realizou un mural cunha selección de noticias relacionadas co noso proxecto de centro seguindo a Axenda da ONU para 2030.
Sexto curso por exemplo tamén realizou unha actividade moi chula: realizaron a súa propia portada de prensa tendo en conta o día no que naceron. Así pois, mediante diferentes programas e ferramentas TIC construíron unha portada coa foto do seu nacemento mais tamén con diferentes noticias que foron publicadas no día no que chegaron ao mundo.
O resultado final non podería ser máis espectacular!
Noraboa polo traballo feito rapazada!
No hay comentarios:
Publicar un comentario