27/4/20

O PAPAGAIO

Como sabedes, todos os meses recibimos na biblio o xornal "O Papagaio". Pois ben, aquí o tedes! Aínda que desta volta en soporte dixital, mais igual de interesante ca sempre. 

A gozar da lectura rapaces/as!!








Se prefires, podes descargalo  aquí: O PAPAGAIO PDF

23/4/20

23 DE ABRIL - DÍA DO LIBRO

Feliz Día do Libro!!

Moitísimas grazas familias, por enviarnos todas estas marabillosas recomendacións lectoras dende as vosas casas.
 En cada unha destas xanelas estades todos vós cos vosos libros favoritos. Grazas por facer o esforzo e animarvos a participar. 
Espero que o resultado vos guste moito!  






22/4/20

22 DE ABRIL. DíA INTERNACIONAL DA TERRA

Hoxé é o Día da Terra e dende Voz Natura en colaboración coa biblio polo mes do libro, temos unha proposta moi chula que vos animo a que fagades, pois  é moi sinxela!
Consiste en facer un marcapáxinas con material de refugallo. Podedes utilizar como base un cartón de leite, ou tamén unha caixa de galletas, cereais, etc. Logo só tedes que deixar voar a vosa imaxinación e decorala con calquera material que teñades pola casa: fíos, papeis, algodón... moita cor e pegamento e...voilà! Seguro que o resultado é un marcapáxinas bonito, orixinal e único.



Si te animas a facelo, envíanos a túa foto a → abibliodesearin@gmail.com para despois poder publicala.

Aquí, déixovos este vídeo que invita a reflexionar un pouquiño sobre o que lle acontece ao planeta e como podemos axudalo a mellorar.









20/4/20

CURTAS PARA VER NA CASA

Ao igual que na biblio non só temos libros, senón que tamén podemos levar pelis para ver nas nosas casas, déixovos aquí unhas curtas moi chulas para poder gozar dende as nosas casas. 

Espero que vos gusten!!











16/4/20

NOVAS LECTURAS PARA O TERCEIRO TRIMESTRE


A editorial Baía Edicións tamén puxo á disposición de todos nós, algunhas lecturas ás que podemos acceder gratuitamente. Así pois, non hai escusa para seguir mergullándonos na lectura e vivir novas aventuras!

Preme directamente na portada do libro que queiras ler para poder acceder.

- PARA PRIMEIROS LECTORES:

   
- PARA LECTORES EN MARCHA:

 

- PARA LECTORES AVANZADOS:


 

15/4/20

PROPOSTA DE ACTIVIDADE PARA O DÍA DO LIBRO

Ola, ola! Como estades? Espero que estes días estiverades facendo cousas moi interesantes e bonitas xunto ás vosas familias e que vos recargaran as pilas para este novo trimestre que comeza.

O próximo 23 de abril é o Día Internacional do Libro, e como aínda estaremos na casa, pensei que poderiamos entre tod@s facer unha actividade chula e compartila aquí. 
Que vos parece se nos convertemos en booktubers e gravamos un pequeno vídeo recomendando o noso libro favorito aos compañeiros do colexio? Só tés que facer un breve resumo contando de qué trata, pero sen facer spoiler! Tamén podes engadir cal é a túa personaxe favorita ou como o descubriches!
Para os máis tímidos tamén hai a posibilidade de sacar unha foto co conto que máis vos guste. 

Enviádeme os vídeos ou as fotos ao mail abibliodesearin@gmail.com ata o día 21 de abril. 

ANIMÁDEVOS A PARTICIPAR!!


2/4/20

SEARA CO AUTISMO. FOTOS!

Aquí están as fotos! Os profes tamén nos sumamos a esta campaña. Grazas por colaborar!!
Espero que vos gusten un montón!
E si aínda non enviaches a túa, estás a tempo!!

Tamén vos lembro que os nenos e nenas de 4º realizaron un vídeo moi chulo para este día e que podedes velo neste enlace: 4º CO AUTISMO
As teachers tamén se sumaron á campaña. Preme no enlace para velo: SEARA ENGLISH
Os pequerrechos de 6º de Infantil fixeron uns debuxos preciosos para este día! Pica no enlace: 6º DE EI CO AUTISMO

Alba F.(5º EI)

Adhara (5º EI)


Mara C.(1º)

Marcos (2º)

Martín (2º)

Xián (3º)

Tania (4º A)

Yoel (4º B)

Lucas (4º B)

Etienne (5º B)

Adrián (6º)

Profe Ángela (4º EI)

Profe Ana (5º EI)

Profe Nuri (6º EI)

Profe Iago (1º)

Profe Noelia (2º)

Profe Charo (4º A)

Profe Ana (5º B)

Profe Isa (5º A)

Profe Yolanda (6º)

Teacher Berta (English)

Profe Alberto (Ed. Física)

Teacher Delmi and Monkey (English)

Profe Gemma (Relixión)

Profe Tini (Música)






1/4/20

2 DE ABRIL. DÍA MUNDIAL DO AUTISMO

Como sabedes, o 2 de abril é o Día Mundial da Concienciación do Autismo. Dende o movemento asociativo do autismo de España en coordinación con Autismo Europa, puxeron en marcha a campaña "Puedo APRENDER. Puedo TRABAJAR" para dar visibilidade ao colectivo, e que consiste en:
1. Elexir unha ferramenta que represente unha das túas maiores habilidades e sostela na man.
2. Saca unha foto ou un vídeo con ela.
3. Compártea nas redes sociais co hashtag #DiaMundialAutismo. 

Sería unha gran idea poder compartir as fotos de todos vós a través do blog da biblioteca e así poder ver en que cousiñas sodes moi hábiles . Así que si queredes participar, só tedes que enviar a vosa foto ao correo electrónico: abibliodesearin@gmail.com


Déixovos abaixo o enlace á web para saber máis cousas sobre este día.


ANIMÁDEVOS A PARTICIPAR!!