31/3/23

OBRADOIRO COMIDA SAUDABLE

A rapazada de cuarto de Educación Primaria  participou nos talleres de almorzo saudable impartidos 
polo alumnado do Obradoiro de Cociña do Patronato Beiramar do Concello de Moaña. 
Que riquísimo estaba todo. Moitas grazas pola invitación.

30/3/23

XOGADE

Os nenos e nenas de quinto foron a Vigo para participar nunha xornada do Programa Xogade de Educación Física. Moi pronto terán en Pontevedra outra xornada xa que se clasificaron.

28/3/23

RECREOS NA BIBLIO SEGUNDO TRIMESTRE

 No colexio, concibimos a biblioteca como un instrumento principal ao servizo das competencias clave. É por iso que alberga propostas moi diversas que favorecen o desenvolvemento de contidos curriculares de forma transversal ou interdisciplinaria, conectan distintas áreas de aprendizaxe e impulsan prácticas metodolóxicas activas.                                                                                                                                                                 Nos recreos ou momentos de lecer de libre tránsito, o alumnado pode escoller entre realizar obradoiros de costura, papiroflexia, pompóns…, xogar a xogos de mesa ou facer realidade as súas ideas cos legos.

27/3/23

2 DE ABRIL. DÍA MUNDIAL DE CONCIENCIACIÓN SOBRE O AUTISMO

Este curso probamos todos a poñernos nos zapatos dos demais, e sobre todo dos compañeiros e  persoas con autismo. As fotos montadas nun video formarán parte dunha instalación que colocaremos nos xardíns do Concello. Queremos visibilizar e concienciar sobre o autismo non solo no colexio, se non tamén na comunidade  na que vivimos.

23/3/23

OBRADOIRO DE TARXETAS

Temos un novo obradoiro na Biblioteca. 
En segundo curso fixeron papel con folios reciclados e puxéronlles sementes. Agora nos recreos da biblio crearemos tarxetas dando a benvida á primavera para todo o alumnado do colexio. 

22/3/23

16/3/23

DÍA DAS ARTES GALEGAS: MARUJA MALLO

 O vindeiro 1 de abril celébrase o Día das Artes Galegas, relacionado co noso proxecto anual Expresarte e o reto de marzo baseado en Maruja Mallo, decidimos profundizar na vida e obra desta artista.

9/3/23

8 DE MARZO: DÍA DA MULLER

Toda a rapazada do cole reuniuse no patio para cantar unha nova versión da canción "Os días da semana" dos Pallasos da Tele. Rompendo cos roles tradicionais de xénero! 

8/3/23

8 DE MARZO: DÍA DA MULLER

 O alumnado de Educación Infantil e o primeiro ciclo de Educación Primaria celebrou o Día da Muller con este obradoiro creado por "O Baúl da tía Tola". O obxectivo da actividade foi resaltar a igualdade e o respecto como valores esenciais para a convivencia entre as persoas.

Exposición Día da Muller