14/6/19

TEATRO DE SOMBRAS NA BIBLIOTECA

Presentámosvos a derradeira actividade deste curso na biblioteca. A profe Luisa preparou un teatro de sombras e, coa axuda da profe Isa, representaron o conto "A miña amiga a escuridade". O alumnado de 2º e 3º disfrutou moitísimo! Foi algo máxico e moi divertido. Despois algúns dos nen@s probaron como funciona o teatro de sombras e fixeron os seus pinitos coma actores.


13/6/19

CUARTO AVANZA NO SCRATCH

Aquí tedes os últimos avances de cuarto coa programación con scratch:




7/6/19

FARO DA ESCOLA

Xa temos tod@s o noso exemplar do Faro da Escola coas novas máis importantes deste curso!


Ademais a biblioteca tamén foi noticia no noso xornal:
  
 


6/6/19

NA BUSCA DE MONUMENTOS

O alumnado de Educación Infantil de 5 anos e  o de Cuarto de Primaria descifraron xeroglíficos  que os levaron a procura  de monumentos ocultos por todo o edificio de primaria. Logo completaron unha ficha cos seus coñecementos e a axuda dos libros da biblioteca.

3/6/19

RECREOS NA BIBLIO: TRAILER DO 3º TRIMESTRE

Aquí tedes un pequeno trailer dos recreos na biblioteca: