27/11/18

A CIENCIA NOS XORNAIS

Os rapaces de 1º, 3º e 4º buscaron noticias relacionadas coa Ciencia nos xornais. O seu traballo plasmouse nestes murais:



26/11/18

NOTICIAS CIENTÍFICAS DA HISTORIA

O alumnado de 6º realizou unha línea do tempo coas noticias científicas máis importantes da historia da humanidade.

21/11/18

CÁLCULO MENTAL COS ESCORNABOTS

Practicamos por turnos sumas e restas levando os ESCORNABOTS ata a solución:

16/11/18

STOPMOTION: A POUSADA DO VAMPIRO

Os rapaces de cuarto gravaron unha historia de medo terrorífica:


ANALIZANDO NOTICIAS CIENTÍFICAS COS ESCORNABOTS

Despois de buscar noticias científicas nos xornais, observar a súa estructura e aprender as preguntas clave ás que responden, o alumnado de 2º e 3º  practicou estes conceptos nos distintos taboleiros que preparamos para mover os escornabots. Un deles era das partes de calquera noticia nun xornal, o outro das preguntas as que responde unha noticia (no caso destes pequenos so vimos as catro principais: que, quen, cando e donde).




12/11/18

BIBLIOTECA CREATIVA. OS ESCORNABOTS

Este curso o noso colexio foi un dos seleccionados para participar no proxecto Biblioteca Creativa así que temos na nosa Biblioteca uns novos amigos: Os escornabots.
O primeiro paso que tiveron que dar os profes para comezar a traballar con eles foi montalos, como podedes ver no vídeo.

9/11/18

VISITA DUN XORNALISTA

E seguimos aprendendo sobre os medios de comunicación ...
O xornalista de EUROPA PRESS, Mauro Bastón, estivo no colexio explicándolle ao alumnado de primero e segundo en que consiste o seu traballo.
Falou  dos medios que utiliza para conseguir as noticias, das distintas tarefas que ten que facer, das oficinas nas que traballa e, sobre todo, dos pasos que ten que seguir para elaborar unha noticia: selección do tema, fontes onde consegue a información, expertos aos que consulta, redacción do texto e publicación.
Tamén fixo fincapé na importancia da publicidade na supervivencia dos xornais.

8/11/18

O PAPAGAIO NA BIBLIOTECA

No MES DA CIENCIA EN GALEGO NAS BIBLIOTECAS lembrámosvos que este curso seguimos a contar na nosa Biblioteca co xornal "O Papagaio", escrito especialmente para nenos e nenas, con temas de actualidade, banda deseñada e seccións de noticias relacionadas coa ciencia.



7/11/18

EXPOSICIÓN DE LIBROS DE CIENCIAS NA BIBLIOTECA

Moitos son os libros relacionados coa Ciencia que temos na nosa Biblioteca, así que os encargados tiveron a idea de expoñer unicamente os que teñen a palabra CIENCIA na súas portadas.

6/11/18

TEXTOS: POLO SAMAÍN ENTREVISTAMOS AOS AVÓS E AVOAS DE SEARA

Outros dos nosos alumnos trouxeron as entrevistas aos avós por escrito. Podedes ver as respostas na seguinte presentación. Moitísimas grazas ás familias pola vosa colaboración.


5/11/18

AUDIOS: POLO SAMAÍN ENTREVISTAMOS AOS AVÓS E AVOAS DE SEARA

Algúns alumnos fixeron de xornalistas radiofónicos. Aquí tedes os audios que grabaron preguntando aos seus avós e avoas, solo tedes que clicar neles. Novamente moitas grazas a todas as familias.

Carla, 5º curso, e a súa avoa:
https://drive.google.com/file/d/1SQLDIWUgJjTi_dl31-6wBPywRdTpBKuy/view?usp=sharing

Yaiza, 5º curso, e a súa avóa:
Saray Fontenla, 5º curso, e a súa avóa:
https://drive.google.com/file/d/1vakMJzwfKzXjzczkbaSA0aZ_A3C-gDp7/view?usp=sharing
Isa, 5º curso, e a súa avóa:
https://drive.google.com/file/d/19jen8HkRTS-ve2hlgaHudY48hxU71P7h/view?usp=sharing

A avoa de Aroa, 4º curso:
https://drive.google.com/file/d/1X7N3BKuk6w76KHlyfo87a-2xu4baIbpQ/view?usp=sharing


Os avós de Elena e Ruth non son galegos, pero tamén nos contaron como celebraban estas datas:

Elena, 5º curso, e a súa avoa:
https://drive.google.com/file/d/13WLRJnbswkocDI9Dx8iju0MywUii1uHA/view?usp=sharing

Ruth, 5º curso, entrevista súas dúas avoas e o seu avó:
https://drive.google.com/file/d/1qLoP2zoxzTtHOrVoRVnHxG0dIkpzxKfI/view?usp=sharing

4/11/18

VÍDEOS: POLO SAMAÍN ENTREVISTAMOS AOS AVÓS E AVOAS DE SEARA

Meténdonos de cheo no proxecto  "Comunicando" pedimos aos nenos que fixeran de xornalistas  e preguntaran aos seus avós e avoas como eran antes estes días.
Descubrimos que cando eran pequenos non celebraban o Samaín, celebraban o Día de Defuntos:  todos ían ao cemiterio a limpar e poñer flores, a maioría oían misa, ceaban todos xuntos bacallao con verduras e de postre tomaban castañas, mazáns asadas e chulas de cabaza,  ademáis esa noite deixaban a mesa sen recoller por se viñan os mortos a cear, poñían velas dentro da casa, e algúns, os máis rebuldeiros, facían caliveras coas cabazas e as poñían nos camiños para asustar á xente.
Queremos agradecer a todas as familias a vosa colaboración, moi especialmente aos avós que tan amablemente se prestaron a ser entrevistados. Intentaremos colgar no blog a maioría de vídeos, audios e entrevistas escritas que nos fixestes chegar, nalgún caso no será posible por dificultades técnicas. Novamente moitas grazas a todos!

Avoa de Malena:



Avós de Xián:

Avó de Leire:


Avós de Manuel e Julia:


Avoa de Lúa e avós de Tomé:


Avoa de Alba e Marcos:


Avoa de Hugo:


Avoas de Borja:


Avoa de Iria e Daniel:


Avoas de Paula, de 4 anos, Lorenzo, de 1º curso, Hugo, de 3 anos, Martín, de 2º curso, Desi, de 1º e Ariana de 2º:

3/11/18

SAMAÍN: TERROR CON SCRATCH EN CUARTO

O alumnado de 4º iniciouse na programación con Scratch, aquí podedes ver un dos seus primeiros traballos.