30/1/19

APADRIÑAMENTOS LECTORES NO DÍA DA PAZ

Celebramos o Día Escolar da Non Violencia e da Paz cos apadriñamentos lectores que tanto gustan a tod@s. O alumnado de 3º, 4º, 5º e 6º apadriñou a 3 anos, 4 anos, 5 anos, Primeiro e Segundo. Os maiores prepararon os contos e os máis pequenos agasallaron aos seus padriños e madriñas cuns fermosos marcapáxinas feitos por eles. Como colofón rematamos cantando no ximnasio "O baile da Paz" de Mamá Cabra.

29/1/19

OS BOLECHAS ENSINAN A RECICLAR OS RAEE EN SEARA

Os Bolechas están moi preocupados polo aumento do lixo electrónico e por iso decidiron convertirse nos Electrecos, os superheroes da reciclaxe dos RAEE (Residuos de Aparellos Eléctricos e Electrónicos).  En Seara foi o alumnado de Primeiro e de 5 anos o que recibiu a súa visita, pero clicando na foto de abaixo tod@s podedes acceder á súa páxina co material.



25/1/19

ITINERARIO LECTOR "FELIZ FEROZ, O LOBO RIQUIÑO"

Os rapaces de segundo curso leron o itinerario "Feliz Feroz, o lobo riquiño". Coa axuda dos escornabots practican a expresión oral contando paso a paso o que pasa no libro.

23/1/19

A VIAXE

Con motivo do Día da Paz queremos compartir con todos vós o conto "El viaje" escrito por Francesca Sanna. O curso pasado traballouno o alumnado de cuarto e gustoulles tanto que acordaron traducilo ao galego (xa que aínda non estaba traducido) e contalo para todos os nenos e nenas do colexio.

22/1/19

ESCORNABOTS EN INFANTIL

Os pequenos de catro anos realizan a rutina do tempo cos escornabots, abaixo podedes ver o ben que o fan.

15/1/19

TINTÍN CUMPLE 90 ANOS

O intrépido reporteiro Tintín cumpre 90 anos. A primeira aventura deste personaxe belga publicouse o 10 de xaneiro de 1929. Creado por Hergé, Tintín foi sempre acompañado polo seu can Milú. Ao longo da historia, o noso protagonista recorreu todo o mundo, e incluso chegou ata a Lúa. As súas aventuras son reflexo da sociedade do momento pero non deixan de encandilar ás novas xeracións. Tintín ía sempre acompañado de amigos como o capitán Haddock, os detectives Hernández e Fernández (Dupond y Dupond na versión orixinal) e o inxenioso profesor Tornasol.



10/1/19

BOOKTUBERS DE SEARA: DANI

Empezamos o ano coa recomendación lectora de Daniel, de 4º curso.