19/12/23

FELICES FESTAS E FELICES LECTURAS!!!

Aquí tedes unha felicitación navideña moi especial  e o agasallo da recomendación de todo tipo de marabillosas lecturas que podedes atopar na nosa biblioteca. 

Non esquezades gozar da lectura este Nadal e sempre!

RECOMENDACIÓNS LECTORAS DA COORDINADORA DE DINAMIZACIÓN LINGÜÍSTICA DO MORRAZO

 


18/12/23

AILÁ DE NADAL

 Aquí tendes os enlaces a algunhas das  cancións do disco "Ailá de Nadal". Con elas queremos que nestas datas coñezades e gocedes do rico patrimonio galego de tradición oral e cultural.

HIMNO GALEGO

 O mércores, 20 de decembro celébrase o 116 aniversario da estrea na Habana do Himno galego . Animádevos a escoitalo e a aprender ben a súa letra.

MANDALA : A RÍA DE VIGO , QUE BONITA É

Mandala é unha palabra que ven do Sánscrito, o seu significado é círculo sagrado. Úsase para meditar, pero tamén fomenta a creatividade, exercita a motricidade e mellora a autoestima. Neste mandala fíxemos todo iso, pero tamén disfrutamos descubrindo e pintando a ria.

16/12/23

NADAL MARIÑO

 O mar tamén se encontra este curso nos adornos de nadal feitos por nós, para decorar os corredores.




15/12/23

CARTAS DENDE A RÍA

XA CHEGARON!!!!!! 
Hoxe venres recibimos as cartas dos nen@s do cole de Sober, na Ribeira Sacra lucense. Gozamos moito coa súa lectura. 


14/12/23

GRAZAS FAMILIAS!!!

Como cada Nadal, grazas ás familias, o centro convértese nun lugar máxico. Este ano a decoración invitanos a  soñar co mar e sobre todo coa Ría de Vigo.




12/12/23

PREMIO AO PARAUGAS CO QUE CELEBRAMOS O DÍA MUNDIAL DA DISCAPACIDADE

Estamos felices, pois o noso paraugas foi premiado co segundo premio na celebración en Vigo da iniciativa "BAIXO O MESMO PARAUGAS". O agasallo foi unha fermosa cesta con obxectos elaborados polos integrantes das diversas asociacións que forman parte desta iniciativa. 
En Seara somos naturalmente diversos pero estamos todos baixo un mesmo paraugas.




     

3/12/23

TODOS BAIXO O MESMO PARAUGAS NA PRENSA.


No Día Internacional das Persoas con Discapacidade a prensa faise eco da iniciativa "Baixo o mesmo paraugas". Pinchade na imaxe para ver a noticia.



28/11/23

13/11/23

12/11/23

POEMA DE OUTONO

O alumnado de 1º curso de Primaria recita un pequeno poema sobre o outono.

7/11/23

COLABORACIÓN DAS FAMILIAS: BUQUE OCEANOGRÁFICO RAMÓN MARGALEF

 Rubén, o pai de André e Luca, viu ao colexio para falarnos do buque oceánografico no que traballa. Mostrounos como é o buque por dentro, o traballo que realizan e a importancia que ten para o coidado da vida mariña. Moitas grazas.


4/11/23

CARTAS DENDE A RIA

Neste curso decidimos cartearnos con algun colexio do interior e compartir con eles como é a vida a carón dunha ría : As costumes, as profesións, a paisaxe, o clima, as festas e celebracións, curiosidades, acontecementos.

 O CEIP Plurilingüe Virxe do Carme de Sober (Lugo) aceptou a nosa proposta e comezamos a escribir     as nosas cartas. Estamos moi ilusionados, desexando saber moitas cousas da zona onde eles viven.

1/11/23

CONTO "DEZ TÍMIDOS FANTASMAS" DE JENNIFER O 'CONNELL

 O alumnado de 5º de Educación Infantil versionou este conto para a semana do Samaín.

Agardamos que vos guste tanto como a nós elaboralo!

30/10/23

SAMAÍN: LECTURAS MONSTRUOSAS

 O Samaín é un bo momento para sentir moito medo lendo estes e outros libros.



26/10/23

CONCERTAZO "SUPERPODERES"

A pesares da chuvia, o alumnado que vai dende 4º de educación Infantil a 4º de Educación Primaria, gozou dun concerto didáctico organizado pola Escola Municipal de Música do Concello de Moaña e baseado no conto "Superpoderes".

25/10/23

A METAMORFOSE DAS CUNCHAS

 "A METAMORFOSE DAS CUNCHAS MARIÑAS COA SÚA COR NATURAL" é unha exposición espectacular da que poidemos gozar no colexio. 

Xosé Cantoneiro, o artista, leva case cincuenta anos creando coas cunchas. A súa técnica, triturando cunchas nun muiño de café e mesturando o pó con cola incolora, é única.

21/10/23

O CEIP SEARA NO CAMIÑO

Sexto de primaria e o EDLG do CEIP Seara andiveron, suaron e sobre todo gozaron facendo dúas etapas do camiño.


18/10/23

O LUGAR FAVORITO DA RÍA DE VIGO

 Cada un de nós escolleu o seu lugar favorito da ría para facer fermosas fotografías.


22/9/23

DESCUBRIMOS A RÍA EN SETEMBRO

Estes primeiros días de setembro coñecemos cal vai ser o proxecto deste curso: DESCUBRIMOS A RÍA DE VIGO.  Nas aulas falamos da  nosa ría, fixemos murais, pintamos cunchas para facer uns preciosos colgantes e fixemos a primeira saída do curso co motivo da celebración do Día Mundial das Praias.

22/6/23

IGUALDADE DE XÉNERO NO DEPORTE, S.D. SANMERTOLOMEU CO CEIP SEARA

 O venres 16 tivemos unha xornada promovida pola sociedade deportiva SANMERTOLAMEU co obxectivo de promover o deporte en equipo e a importancia da igualdade de xénero nos deportes.
O alumnado fixo diferentes actividades como o visionado dun vídeo coa historia do clube ou a investigación sobre a porcentaxe e a importancia actual dos homes e as mulleres na vida deportiva profesional en diferentes deportes. Esta actividade encádrase nun programa desenvolvido pola Xunta de Galicia e o Deporte Galego.

19/6/23

Coro das emocións Educación responsable

Dentro do programa de Educación Responsable o alumnado de 4º traballou as emocións a través da música.

CONTACONTOS DE OLALLA GONZÁLEZ