Con motivo da celebración do Día Internacional da Muller, na clase de 5º A tiveron unha invitada moi especial, Sonia, a nai de Aroa.
Sonia leva traballando desde fai xa moitísimos anos en diferentes fábricas de alimentación nas que o produto principal vén do mar.
Contounos como lle traen grandísimas cantidades de langostinos e calamares en bloques conxelados de sitios de moi lonxe como Arxentina e outros lugares. Tamén como se organizan os turnos, o funcionamento da cadea de traballo, os cambios nas cantidades de produto en función da época do ano e ata puideron coñecer como se realiza a limpeza, corte e preparado para a venta de langostinos e calamares.
Foi moi interesante coñecer o seu traballo, pero o mellor de todo foron o cariño e a ilusión cos que nolo transmitiu.
Moitísimas gracias Sonia!!!
No hay comentarios:
Publicar un comentario