24/3/16

VISITA Á ESCOLA DE MÚSICA TRADICIONAL DE MOAÑA


A rapazada de 1º visitou a Escola de Música Tradicional de Moaña da man de Xavier Blanco. Cantos instrumentos marabillosos había alí!

23/3/16

AS ABELLAS

Para despedir o trimestre visitáronnos Fran Ogando e Daniel Currás. Déronnos unha interesante conferencia sobre as abellas e, o máis importante, ensináronnos como facer unha trampa para cazar ás raíñas de VESPA ASIÁTICA e así axudar a eliminalas.



Abella para rapaces from Fran Ogando

18/3/16

VISITA DE TERESA GONZÁLEZ COSTA

O 15 de marzo o alumnado de 5º curso, tras ler o libro "A filla do ladrón de bicicletas", recibiu a visita da súa autora Teresa González Costa.

14/3/16

O TRAXE GALEGO

Os de sexto continúan cos seus traballos e exposicións orais. Neste caso sobre o traxe tradicional galego


10/3/16

VOLVERÁS GOLFIÑO EN PLÁSTICA

O alumnado de sexto A despois da lectura de VOLVERÁS GOLFIÑO , e da visita de Andrea Maceiras elaborou un traballo plástico sobre a parte do libro que máis lle impactou . Nesta presentación, feita tamén polos nen@s, podedes ver unha pequena mostra do traballo realizado.

2/3/16

ANDREA MACEIRAS

Marabillosa a visita de Andrea Maceiras. Contounos como podería continuar " VOLVERÁS GOLFIÑO", unha historia ainda máis emocionante. Tamén falou da orixe da súa paixón pola escritura.

1/3/16

Poema XAN, de Rosalía de Castro

Entre os traballos que se fixeron para o día de Rosalía, elaborouse este poema entre todo o alumnado do colexio, que puxo a súa voz e os seus debuxos. Este foi o resultado. Grazas a tod@s.



POEMAS PARA ROSALÍA

A pasada semana, co gallo do día de Rosalía, o alumnado realizou diversos traballos coa escritora Rosalía de Castro como protagonista. Fixeron encrucillados, recitados das súas poesías nas aulas, escritura e decoración de poemas e unha morea de poesías escritas polas nenas e nenos baseándose na figura ou nos poemas de Rosalía. Aquí tendes unha mostra.