O martes, estivo na clase dos mandilóns morados Eva (a nai de Aroa G). Traballa nunha fábrica de conservas, polo que lles explicou de primeira man o procedemento que vai dende a recollida do peixe ou marisco ata o seu envase en latas de conserva.
Tamén lles mostrou diferentes vídeos e fotos do proceso para así poder entendelo mellor. O que máis lles gustou foi poder ver as máquinas que manexan en pleno funcionamento!
Moitas grazas Eva por compartir con nós este día!!
No hay comentarios:
Publicar un comentario