26/11/19

LECTURAS POLO 25 N

Na biblio realizamos unha exposición de lecturas enfocadas neste día e, en colaboración co equipo de extraescolares colgamos unha gran nube violeta da que penduran lágrimas con nomes de mulleres de todo o planeta. 
Entre as lecturas recomendadas atopamos entre outras: "O país dos mandóns", "Iriña bailarina", "No soy perfecta", "Las princesas también se tiran pedos", "Marta e a píntenga", etc. 


25 DE NOVEMBRO

Esta semana estamos traballando no centro o "Día Internacional contra a Violencia de Xénero" á través de distintas actividades: lecturas, murais, análise de textos, cancións...









22/11/19

RECUNCHO PDI "UN MUNDO DE XENTE"

Habilitamos un espazo na biblio para poder ter a man un montón de libros relacionados co PDI deste curso. Así, tod@s podemos encontrar un montón de información sobre as cousiñas que imos aprendendo nas aulas. 
Achegádevos para poder viaxar polo mundo sen saír da biblio!!


SEAREIR@S POLO MUNDO


Aquí tedes o resultado da actividade que levamos a cabo durante o mes de outubro. Unha exposición fotográfica de todos/as nós en sitios aos que viaxamos coas nosas familias. Como podedes ver, hai representación dun montón de países e tamén de diferentes comunidades españolas. Así pois, puidemos contarlles moitas cousas aos nosos/as compañeiros/as dos lugares que visitamos. 
Pois resultou que os/as de Seara sómosvos moi viaxeir@s e xa que co PDI deste curso estamos viaxando a un montón de sitios dende o cole, que mellor que comezar polas nosas propias experiencias! 

Esperamos que vos guste!!





19/11/19

APRENDENDO SOBRE AS PERSOAS NON OÍNTES

O venres, o alumnado do centro acudíu a unha charla moi interesante que nos ofreceu a Asociación de Persoas Xordas de Vigo. 
Os rapaces/as de infantil tiveron a sorte de ver e escoitar un conto en Linguaxe de Signos. Ademais de que era un conto coñecido para todos eles/as ("O monstro de cores vai ao cole" de Anna Llenas"), aprenderon os signos das principais cores. 
O alumnado de primaria puido saber máis sobre a vida cotiá das persoas que non oen a través da historia de Iago (un neno xordo) e a súa amiga Ruth: como fan para despertar pola mañá, como saben se alguén está chamando á súa porta... cousiñas que nos parecen moi básicas no noso día a día, pero que dende outra perspectiva nos fixeron reflexionar moito. 
Finalmente, ensináronnos algunhas palabras para aprender a comunicarnos en Linguaxe de Signos. 

Moitísimas grazas a Asociación por compartir esta aprendizaxe connosco.  




18/11/19

SESIÓN DE CONTACONTOS CON RAQUEL QUEIZÁS

O día 14 de novembro foi o Día Mundial da Diabetes. Así pois, o venres pasado acudiu ao noso cole Raquel Queizás, que nos narrou unha fantástica historia coa que o alumnado de 1º e 2º de primaria tiveron a oportunidade de aprender, dunha forma moi divertida, máis sobre esta enfermidade: en que consiste, síntomas, como podemos axudar aos nosos compañeiros/as que a padecen, etc. Por un momento convertémonos en detectives e en personaxes da propia historia.
Dende aquí queremos dar as grazas a Raquel por vir compartir connosco unha aprendizaxe tan necesaria para todos/as nós.





13/11/19

RECEITAS DO MUNDO

A clase de 2º recolleu os froitos do invernadoiro da plantación do curso pasado. Como era só un, había que tratalo como un tesouro.
Aproveitando que este curso somos viaxeiros polo mundo, cociñaron Baba Ganoush: unha receita típica dos países árabes como Marrocos, Siria, Líbano e Exipto, entre outros.





Como estaba tan bo, deixámosvos a receita para que poidades facela nas vosas casas. Seguro que vos encanta!!









O SAMAÍN POLO MUNDO NA AULA DE 1º

O alumnado de primeiro estivo investigando sobre a celebración do Samaín noutras partes do mundo. Como resultado final fixeron un mural na entrada da aula onde se pode apreciar os costumes propios de países como México, Irlanda ou Estados Unidos. 
 Noraboa polo traballo, rapaces/as!!






7/11/19

ENTREVISTA A DANILO ESCOBEDO

Aproveitando a visita da familia mexicana a infantil polo Samaín, o alumnado de sexto entrevistou a Danilo, un señor mexicano, avó dunha alumna do centro, que veu contarnos como se celebra "El día de muertos" no seu país.


Previamente estiveron investigando en pequenos grupos a través de diferentes textos escritos e na rede. Despois, fixeron un guión coas preguntas que consideraron interesantes para facer a entrevista.
Seguro que vos encanta o resultado!!
Tedes o podcast en "Radio na biblio". 



REGUEIFANDO POLO SAMAÍN

O alumnado de 5º  decidiu celebrar o Samaín deleitándonos na radio coa gravación dunha regueifa ao máis puro estilo tradicional galego. 
O resultado non podía ser máis chulo! Noraboa rapaces/as!!
Xa podedes acceder ao Podcast en "Radio na biblio". 





6/11/19

DESCUBRINDO OUTROS COSTUMES ARREDOR DO MUNDO

As pequechas e os pequechos de Educación Infantil tamén están inmersos/as no PDI. 
Desta volta, aproveitaron estes días para coñecer costumes típicos doutros países e tiveron a sorte de contar cunha familia procedente de México que lles relatou como se celebran alí estas datas.
Faláronlles do "Día de muertos", das ofrendas que alí se lles fan aos seres queridos que xa non están con nós, de lendas como o "Nahual", "La Llorona", "El callejón del beso", "A historia de amor de Popocatépetl e Iztaccíhuatl... e todo isto, acompañado de música tradicional mexicana! 





Ao finalizar, a nosa antiga profe Eli, recitoulles unha poesía que ela mesma creou. 


Moitas grazas a esta familia por facernos pasar un ratiño tan divertido e ensinarnos tantas cousas!!


5/11/19

CONTACONTOS POLO SAMAÍN

O mércores pasado o alumnado de primaria desprazouse ata a biblioteca para gozar dunha sesión de contacontos da man da nosa compañeira Olalla González. 
Primero asistiron as aulas de 1º, 2º e 3º  e despois fixeron o mesmo os maiores. 
Entre os títulos que escoitamos estaban "Fuera de aquí horrible monstruo verde", "What's in the witch´s kitchen?", "Onde viven os monstros" ou "No bosque", entre outros. 
Que ben o pasamos!!






CONTOS PARA RIR DE MEDO EN INFANTIL

Estes días, en Educación Infantil, estiveron a tope facendo cousiñas para celebrar o Samaín. 
Queren compartir convosco os contos cos que máis se divertiron e que forman parte do Obradoiro de Animación á Lectura. 

  • "Unha pantasma con asma". Os pequechos fixeron a súa propia pantasma utilizando material de refugallo. Mirade que medo dan!!



  • ¡Fuera de aquí, horrible monstruo verde!. Grazas a este conto probaron novas técnicas plásticas, compuxeron o seu propio monstro e fixeron un mural de medo para colocar na porta da aula. 





EXPOSICIÓN CONTOS DE MEDO

Un curso máis, o noso voluntariado púxose mans á obra para seleccionar algúns de tantos libros de medo que temos na biblio. Ademáis, decoraron o recuncho da exposición para darlle unha atmosfera máis medorenta e acorde coa temática. Grazas rapaces/as!!