24/2/20

24 DE FEBREIRO. DÍA DE ROSALÍA

Este curso para a conmemoración do Día de Rosalía de Castro, sumámonos á proposta da AELG.
Baixo o lema "Errantes polo mundo" o alumnado traballou con fotos e debuxos o tema das migracións. En cada pé de de foto recóllense versos de Rosalía que tratan as migracións. Así pois, podemos ver  fragmentos de poemas como "Airiños, airiños, aires", "Adios ríos, adios fontes", "Castellanos de Castilla" ou "Pra a Habana!" entre outros.


O resultado non podía ser máis espectacular. Que gusto ter os corredores do cole inundados da poesía de Rosalía!
Aquí tedes unha pequena mostra.
Esperamos que vos guste!!





23/2/20

AS NOSAS MURGAS. ENTROIDO 2020

E aquí tedes as murgas que cantamos no día do Entroido! Gravámolas na radio para que poidades aprendelas e escoitalas unha e outra vez!
Molan moito! A que sí??

















21/2/20

ENTROIDO 2020

E chegou o entroido!! Este curso, disfrazámonos ao igual que o noso PDI, de "xentes" do mundo. O alumnado de Infantil representou África disfrazándose de masáis. 1º e 2º  convertéronse en mexicanos/as. A rapazada de 3º e  4º fixeron o mesmo de hindús e, finalmente o alumnado de 5º e 6º de xaponeses.
Fixemos o tradicional desfile polo pobo e subimos ao palco a cantar as murgas que previamente preparamos nas aulas.

Despois merendamos doces típicos desta época e queimamos a Meca.

Pasámolo xenial!!


13/2/20

ANTONIO G. TEIJEIRO VISITA SEARA

Onte tivemos unha visita moi especial:a do mestre e poeta Antonio G. Teijeiro. Estivo na biblioteca co alumnado de 1º, 2º e 3º e xuntos recitaron e cantaron poemas do seu último libro "Vento, ventiño, venteiro". A verdade é que pasamos unha sesión moi divertida!

Como colofón da visita, o alumnado de 5º fíxolle unha entrevista na radio coa que podedes aprender e saber máis cousiñas sobre tan importante escritor galego.

OBRADOIRO DE ECOPERCUSIÓN EN 6º

Onte o alumnado de 6º tivo a sorte de experimentar as posibilidades de tocar música a través de materiais moi diversos: botes de pintura, botellas de plástico, bidóns...
Da man do músico cubano Didier, aprenderon a técnica de agarre de baquetas e ritmos diversos. Conseguiron montar unha peza musical que posteriormente tocaron para todos nós no ximnasio.
O resultado foi espectacular! Gozamos un montón co concerto!!