20/5/20

O PAPAGAIO DE MAIO

Xa está aquí o xornal “ O Papagaio” do mes de maio, cheo de noticias curiosas e interesantes!!
Botade un ollo!

Déixovos o pdf por si queredes descargalo: O PAPAGAIO PDF





17/5/20

FELIZ DÍA DAS LETRAS GALEGAS!!

Grazas a todos os que vos animastes a participar nesta pequena homenaxe ao autor Ricardo Carvalho Calero. Sen vós non sería posible facelo!!
Esperamos que vos guste!



15/5/20

AS PITAS BAIXO A CHOIVA

Aquí vos deixo unha adaptación do conto “As pitas baixo a choiva” de Ricardo Carvalho Calero, feita polo CEE de Vilagarcía de Arousa.
Espero que vos guste!


13/5/20

ESCOLA VIRTUAL DE LECTURA PARA FAMILIAS CURIOSAS

O Salón do Libro de Pontevedra continúa convertendo as súas actividades en formato virtual. Desta volta é o turno da "Escola de lectura para familias curiosas". Ata agora esta iniciativa só era posible realizala asistindo ao Pazo da Cultura en Pontevedra, mais xa está dispoñible para que todas as familias poidades gozalas á través da rede.  
Fixádevos no programa! Ten propostas moi interesantes que seguramente son do agrado de todos! 






10/5/20

PROPOSTA LETRAS GALEGAS 2020

Xa se achega o Día das Letras Galegas!! Como sabedes, este ano está adicado ao escritor e profesor Ricardo Carvalho Calero. Aínda que non estamos no cole para poder celebralo, imos intentar, entre todos, rendirlle unha pequena homenaxe. 
Aquí vai a proposta conxunta dos equipos de biblioteca e dinamización. 


A continuación tedes que premer no seguinte vídeo para poder acceder ao cuestionario de preguntas que os profes vos facemos. Serás capaz de respondelas todas? 





Para poder coñecer mellor a Carvalho Calero, unha alumna moi especial do noso cole fíxolle unha entrevista en exclusiva ao autor. Mirade, mirade!!



Ademais, no blog de Dinamización tedes un montón de recursos para saber máis cousiñas sobre o autor homenaxeado. Aquí vos deixo o link para poder acceder:






8/5/20

OS MARCAPÁXINAS DO ECO-RETO

Lembrades o eco-reto que lanzamos polo Día da Terra - Libro  para deseñar un marcapáxinas con material de refugallo? Pois aquí están!! Molan un montón!
 Grazas a tod@s por participar e continuar loitando por mellorar o noso planeta! Sodes os mellores!



















6/5/20

AS FAMILIAS TAMÉN CONTAN


Hoxe imos gozar coa lectura e representación dun conto clásico coñecido por todos vós: Os tres porquiños.
Nesta ocasión temos uns contacontos moi especiais: Xián e Aroa Calvar xunto coa súa familia.
 Xa veredes como vos encanta o resultado!!
Moitas grazas familia, por compartir con nós este bonito momento.







Espero que máis familias se animen a participar e enviarnos os seus contos 
a → abibliodesearin@gmail.com