25/11/15

25 DE NOVEMBRO: TOD@S CONTRA A VIOLENCIA MACHISTA

Hoxe é o Día Internacional da Eliminación da Violencia contra a Muller. A violencia de xénero é unha violación dos Dereitos Humanos, non se trata só de violencia física, tamén pode ser psicolóxica, sexual, económica, laboral, mediática, social... 
Pero a violencia contra as mulleres e as nenas pódese evitar, a prevención é posible e esencial.
As nenas e nenos de sexto reflexionaron, a partir dun artigo de Rosa Montero, sobre o sexismo no mundo da Ciencia. Clicando no debuxo podedes acceder ao artigo.


acceso ao artigo

23/11/15

VISITA DE 1º E 2º AO MUSEO LISTE

O mércores 18 de novembro, o alumnado de 1º e 2º foi de excursión a Vigo. A primeira parada foi no parque de Castrelos, onde merendaron e brincaron un bo momento. Despois foron ao Museo Liste, onde realizaron unha actividade relacionado cos "Instrumentos humildes". Pasárono moi ben e aprenderon moitísimo!

20/11/15

Visita dun artesán

Esta semana, despois de visitar nós ós artesáns da escola de artes e oficios, tivemos a sorte de coñecer un artesán de aquí de Moaña, da parroquia de Domaio. José Calvar mostrounos como aprendeu, xa de maior, e pola súa conta, a elaborar instrumentos de percusión tradicional: bombo, tambor e pandereta.



Unha visita aos artesáns da música

Esta semana o alumnado de 5º e 6º visitou a escola municipal de artes e oficios en Vigo. Descubrimos que alí pódese aprender a construir instrumentos musicais, ou sexa, a ser un/unha luthier ou artesán. Ensináronnos diferentes zanfonas, gaitas e a viola. Tamén visitamos a súa fantástica biblioteca.



19/11/15

MAGOSTO NO COLEXIO

A víspera de San Martiño celebramos o MAGOSTO no noso colexio. Este ano, e dentro do noso proxecto "SONS DE GALIZA", non so houbo castañas, senón tamén foliada. Gaitas, pandeiretas, tambores, cunchas... Menuda festa montamos!

5/11/15

EXPOSICIÓN DE LIBROS DE MEDO POLO SAMAÍN

Chegou o outono, e con el, o tempo da vendima, das castañas, das longas noites de choiva, vento e frío. Pero tamén é o tempo do SAMAÍN, un tempo de tradicións e sobre todo, de medo, de moito medo...