22/6/23

IGUALDADE DE XÉNERO NO DEPORTE, S.D. SANMERTOLOMEU CO CEIP SEARA

 O venres 16 tivemos unha xornada promovida pola sociedade deportiva SANMERTOLAMEU co obxectivo de promover o deporte en equipo e a importancia da igualdade de xénero nos deportes.
O alumnado fixo diferentes actividades como o visionado dun vídeo coa historia do clube ou a investigación sobre a porcentaxe e a importancia actual dos homes e as mulleres na vida deportiva profesional en diferentes deportes. Esta actividade encádrase nun programa desenvolvido pola Xunta de Galicia e o Deporte Galego.

19/6/23

Coro das emocións Educación responsable

Dentro do programa de Educación Responsable o alumnado de 4º traballou as emocións a través da música.

CONTACONTOS DE OLALLA GONZÁLEZ


 

17/6/23

PATIOS DINÁMICOS

Para que todo o alumnado poda realizar actividades do seu interese o noso Departamento de Orientación 
puso en marcha, este curso, os "Patios inclusivos", co obxectivo de crear espazos e momentos de xogo durante o tempo de lecer.

16/6/23

VISITA NAI DE MARNIE

Hoxe o alumnado de 2º curso recibiu a visita de Jessica, a nai de Marnie, que é deseñadora gráfica e veu a falar do seu traballo nunha axencia publicitaria a través de tres espectaculares campañas feitas por ela. Contoulles moitas cousas, unha das máis importantes de onde sae a súa inspiración. A inspiración, dixo, está en todas partes.

No primeiro proxecto inspirouse no libro "Onde viven os monstros" para realizar a campaña dunha compañía de seguros polo seu décimo aniversario.

Para outro dos seus traballos, un calendario para unha importante compañía relacionada coa pesca, inspirouse nos collages de Mary de Lirios, e acompañou cada mes dun consello para coidar os mares e océanos.


A inspiración para a campaña do Festival Terraceo de Vigo sacouna de un xogo de mesa relacionado con robots.


Por último insinoulles algunhas dos seus centos de libretas que a acompañan sempre e nas que anota de todo, e preparou un obradoiro para ensinarlles a facer as súas propias libretas con papel reutilizado.



Aquí tedes o resultado final:

15/6/23

CONTACONTOS EN INFANTIL

 O alumnado de Educación Infantil gozou dun divertidísimo contacontos  "Pelliscos viaja con sus emociones" narrado pola súa autora, Patricia Merchán.

14/6/23

SAÍDA A ILLA DE SAN SIMÓN

Todo o alumnado do centro pasou o día na Illa de San Simón nunha fermosa xornada de convivencia.

7/6/23

TRUE TRUE COA PROFE ELISA

 O alumnado de relixión de 2º e 3º xogou e traballou co robot True True realizando diversos retos.


6/6/23

BIBLIOTECA CREATIVA: SCRATCH EN SEGUNDO DE PRIMARIA

 Coa axuda de Paola Guimeráns a rapazada de 2º curso iniciose no Scratch con pequenos retos que foron quen de facer e gozar. Moitas grazas, Paola!

5/6/23

DÍA DO MEDIO AMBIENTE

 Para conmemorar o Día do Medio Ambiente os alumnos e alumnas de Relixión  de 5º de Educación Primaria fixeron este mural para convidar ao resto do alumnado do cole a que descubrisen, a través dos códigos QR, os vídeos que escolleron para ensinarnos os problemas que está padecendo o noso planeta.

3/6/23

ITINERARIO LECTOR: PATIO DE LUCES

 Mural realizado polo alumnado de 2º curso despois da lectura do libro "Patio de luces" de Érica Esmorís.

1/6/23

CLASE DE CIENCIAS NA CONTORNA

Hoxe os nenos e nenas de 2º de primaria tiveron unha clase de ciencias na natureza da contorna da man dunha educadora de Naturaliza.