23/10/15

AULAS DE MUIÑEIRA


Patri, a nai de Xavi de 3º, deunos unhas aulas de como bailar unha muiñeira; mostrounos puntos, retrousos e mesmo a tocar a pandeireta. 
Dende infantil a sexto... Tod@s a bailar muiñeira!

16/10/15

E CONTINUAMOS APRENDENDO


A profe Pili veunos mostrar un dos traxes tradicionais que ten. Estaba guapísima!


9/10/15

O TRAXE TRADICIONAL GALEGO

Para o proxecto deste ano, “Sons de Galiza”, é importate coñecermos o noso traxe tradicional e como se chama ás súas diferentes pezas. Para isto contamos con dous mestres excepcionais: Inés e Tomé.

1/10/15

E CHEGOU OUTUBRO...

Neste mes abre a Biblioteca e con ela un mundo de fantasía. Cantos libros e historias agardando por nós!
Ademais da exposición dos libros sobre o proxecto "Sons de Galiza",chegaron os carnés para o novo alumnado e as tan esperadas mochilas viaxeiras. Agora a gozar delas!