22/12/21

NADAL

                         

21/12/21

Guías de lectura

 Unha vez máis, froito da colaboración coa Coordinadora de Equipos de Dinamización Lingüística do Morrazo, temos o pracer de compartir con vós as guías de lectura elaboradas este curso.


Nas guías podedes ver todas as novidades de lecturas e música en galego dos últimos doce meses, para todas as idades.

Seguro que aquí atoparedes moitas ideas para os agasallos de Nadal.

Estas son as tres guías adaptadas as diferentes idades (Educación Infantil, Educación Primaria e Educación Secundaria e adultos).



O noso especial agradecemento a Patricia Fernanda García Pereira, alumna de 3º de ESO do IES As Barxas, por realizar esta fermosa ilustración.
        MERGULLÁNDONOS NA LECTURA

9/12/21

ÚLTIMA SESIÓN DE CHARLAS SOBRE COMUNIDADES EN REDE

Hoxe o alumnado de 4º e 5º tivo a terceira e última charla da asociación Érguete sobre o mundo on-line, o uso adecuado das TIC (Tecnoloxías da Información e Comunicación), perigos das redes, recomendacións para moverse por internet, entender por qué gustan tanto os videoxogos...


2/12/21

BIBLIOTECA INCLUSIVA

O día tres de decembro é o día das persoas con diversidade funcional. Imos celebralo poñendo pictogramas na nosa biblio. Por unha biblioteca máis INCLUSIVA.

27/11/21

NOVIDADES NA BIBLIOTECA

 A nosa biblio está chea de moitos libros novos, animádevos a descubrilos!

25-N


Co obxectivo de fomentar a igualdade, conmmemoramos o 25 N creando novos personaxes e as nosas propias historias para tentar romper os estereotipos de xénero presentes nos contos clásicos.




 




 



Reinventamos os contos clásicos

26/11/21

NO MES DA CIENCIA ESTUDAMOS O POLBO

A rapazada de primeiro curso recibiu a visita de Carlos Veiga, un mariñeiro de baixura que, entre outras especies, se adica a pesca do polbo. Explicoulles moitas cousas sobre o seu traballo, no que tamén utiliza a ciencia, e mostroulles as nasas e incluso un polbo. 
Ademais os pequechos aproveitaron para entrevistalo en Radio Seara.


23/11/21

GALEGAS NA CIENCIA

 O Concello de Moaña agasallounos con dous exemplares do libro "GALEGAS NA CIENCIA".

PLENO INFANTIL DO CONCELLO DE MOAÑA COS ODS COMO PROTAGONISTAS

No Pleno Municipal Infantil o alumnado de quinto presentou as súas  propostas perante a alcaldesa e os concelleiros. Como non poidemos acudir todos ao concello, estivemos atentos dende o cole por se quedaba algo no tinteiro. Aquí abaixo tedes un par de fotiños e a ligazón á páxina do concello para ver o vídeo do pleno.

Se queremos facer deste mundo un lugar mellor temos que comezar polo que nós podemos facer!

Deixamos aquí a ligazón para ver o vídeo.


21/11/21

CUARTO PUBLICITA OS DEREITOS DA INFANCIA

Aquí tedes outro programa de radio relacionado cos Dereitos das Nenas e Nenos feito polo alumnado de cuarto curso.

 

20/11/21

RECOMENDACIÓNS LECTORAS PARA O 25 DE NOVEMBRO

Estas son as recomendacións lectoras do Consorcio Editorial Galego para traballar o 25-N , Día internacional da eliminación da violencia contra as mulleres. Moitos deses titulos están na biblioteca e os que quedan pronto o estarán. 

DEREITOS DA INFANCIA

O 20 de novembro celébrase en todo o mundo o Día Universal do Neno e se conmemoran os Dereitos da Infancia. Trátase dunha data moi importante, pero este curso cobra aínda máis relevancia porque se atopa estreitamente vinculada co noso proxecto anual. Abaixo tedes unha mostra dalgúns dos traballos realizados. 





19/11/21

FALADOIRO SOBRE OS DEREITOS DOS NENOS E NENAS

 As nenas e nenos de cuarto curso buscaron información sobre o 20 de novembro, Día Dos Dereitos da Infancia. Abaixo podedes escoitalos en Radio Seara

15/11/21

Mes da ciencia en galego

 

Ao longo do mes novembro, realizáronse diversas actividades nas aulas para conmemorar o mes da ciencia.

Este texto do científico Ángel Carracedo resultou moi interesante para ler e debatir co alumnado.


Ademais tamén se realizaron experimentos e a exposición de traballos de investigación.










12/11/21

QUINTO ENTREVISTA AO CASTAÑEIRO

 Os rapaces de quinto curso aproveitaron a celebración do Magosto para entrevistar ao castañeiro en Radio Seara. A verdade é que lle fixeron moitas preguntas interesantes.

MAGOSTO


6/11/21

PESADELOS DE SAMAÍN EN CUARTO

 A rapazada de cuarto curso foi a Radio Seara a contar os seus pesadelos de Samaín



5/11/21

Rechouchíos

 Nova programación dos rechouchíos que enche todas as semanas ata o Nadal

2/11/21

HISTORIAS DE SAMAÍN DE 5º e 6º

 Os nenos e nenas de 5º e 6º curso fixeron unhas historias terroríficas. Esperamos que vos gusten.



Programación Rechouchíos

 Xa está aquí a programación dos Rechouchíos para novembro e decembro!!!



1/11/21

Samaín 2021

Vaia semana de Samaín! Cantas cousas fixemos!


Recuperamos a decoración terrorífica coa tradicional exposición de cabazas decoradas.
Ademais organizáronse uns obradoiros moi divertidos para decorar os corredores.



En Educación Infantil están feitos uns artistas



Grazas ás familias por estes contacontos onde aprendemos moitas cousas sobre a tradición do Samaín.

29/10/21

Correlingua 2021

CORRELINGUA DO MORRAZO IN STREAMING

29 de outubro ás 11,30 en Bueu no Centro Social do Mar, actuou Música Miúda, presentou Fran Rei. Emisión en directo.





24 DE OUTUBRO: DÍA DAS BIBLIOTECAS

Polo Día das Bibliotecas  fixemos varias actividades: Cita a cegas cun libro misterioso, pasatempos con Searín, contacontos en Infantil e recomendacións lectoras.

Pasatempos, 24 de outubro, día internacional da biblioteca.

25/10/21

Recursos para o Samaín

Genially Samaín con actividades sobre o texto "O noso Samaín", de Loretta Birott, para o alumnado de Ed. Primaria.


Samaín cos Bolechas







A CANTAR!!!



15/9/21

Programación Rechouchíos

 Xa está aquí a no a programación dos rechouchíos: teatro, música e contacontos para as tardes dos venres.

NON OS PERDAS!!!!


21/6/21

A HISTORIA DO SÉCULO XX CONTADA EN GALEGO

Varias alumnas de 6º curso, logo de aprender a historia de España do S.XX déronse conta de que non existe ningún formato audiovisual sobre este tema na nosa lingua. Así que botaron man da súa imaxinación, moito esforzo e traballo e elas mesmas crearon "A historia do S.XX" en galego. 

A verdade é que non podemos sentirnos máis orgullosos do seu traballo e é que o resultado final non é para menos. Parabéns rapazas!!


 
 Aquí ademais, podedes ver o paso a paso da creación no seguinte vídeo. 


18/6/21

AS ÁRBORES DE SEARA

 Durante este curso o alumnado de 2º estivo inmerso nun proxecto titulado "As árbores de Seara". Seguindo o PDI do centro e centrándose no ods 15, esta actividade consistiu en identificar as árbores que temos no patio, investigar sobre elas e gravar uns pequenos vídeos explicativos de cada unha delas. Esa explicación foi vinculada a un código QR. 

Ademais, coa axuda dos maiores, deseñaron os nomes das árbores para poder imprimilos en 3D e por fin, lixaron e pintaron un panel informativo de madeira que o profe Iago construíu para poder colocar ao lado de cada árbore e incluír nel o código QR e a etiqueta en formato 3D. 










Agora todas as persoas que visiten o noso centro poderán saber máis sobre as nosas árbores. 

Foi un traballo moi interesante e bonito!! Moitos parabéns, segundo!! 


17/6/21

AVENTUREIRAS INTRÉPIDAS: MARY KINGSLEY

Xa está aquí a última entrega do programa "Aventureiras intrépidas" deste curso 2020/21. Unha vez máis, o alumnado de terceiro subiu á radio para achegarnos unha nova muller que marcou un antes e un despois para a súa época: Mary Kingsley

 A exploradora e escritora viviu aventuras moi perigosas arriscando a súa vida, mais a súa intelixencia e valentía valéronlle para continuar coa súa paixón sen decaer en ningún momento. 

Vaivos encantar este novo episodio, pois está cargadiño de curiosidades e viaxes cheas de peripecias.

Parabéns unha vez máis terceiro, polo gran traballo que fixestes!!

 Moitas grazas por este programa fascinante!!

9/6/21

OS VERMES DE SEDA


En marzo, con motivo do Día Mundial da Natureza, varios cursos acolleron uns novos habitantes nas súas aulas: os vermes de seda.  Nunhas caixas de cartón chegaron os ovos, e día a día o alumnado foi vendo o seu progreso. Ademais, como no cole temos moreiras no patio, a súa alimentación foi moi doada. Os vermes creceron, formaron os casulos e....voilà! A metamorfose dou lugar ás polillas.

Foi xenial poder asistir a todo o proceso e seguramente o noso alumnado volva acoller de novo o próximo curso a estes bechos tan singulares.