30/4/22

CONCERTO "XIRAREI COS BOLECHAS"

O pasado 27 de abril tivemos en Seara un concerto de María Faltri para  presentarnos o proxecto do Concello de Moaña "Xirarei cos Bolechas".  O Concello xuntou a dez músicas e músicos vinculados con Moaña para que compuxeran cinco temas a partires do libro "Os bolechas van a Moaña". 

Se pinchades no libro podedes ir á páxina onde están todas as cancións e os videos:

Neste video podedes ver o conto narrado:

E aquí podedes ver que ben o pasaron no concerto:

26/4/22

Creamos os nosos contos cos Story Cubes

 Para conmemorar o día do libro, propuxémonos facer o noso propio conto coa axuda deste material: "story cubes".  O xogo consiste no seguinte: cada peque convírtese nun narrador/a e ten que comezar a súa historia con "Érase unha vez...", tira o dado e segundo o debuxo que lle toque vai creando a súa historia. É un material fantástico para deixar voar a imaxinación, adquirir vocabulario, traballar a escritura creativa e a oratoria.

 


25/4/22

DICÍMOSCHO NÓS

Aquí podedes ver todos os programas (ata a data) do "Dicimoscho nós", a versión de Seara do programa da TVG "Dígocho eu". 

 

24/4/22

VISITAS A NATURNOVA

O alumnado de sexto de educación infantil, cuarto e quinto de primaria fixeron a súa primeira saída despois de moito tempo. Naturnova e todas as súas experiencias interactivas agardaban por eles .


22/4/22

Día da Terra, 22 de abril.

En Seara, despois de dous cursos traballando os ODS da Axenda 2030, sabemos que non hai planeta B e que todos temos que coidar a Terra.


 Realidade aumentada




6/4/22

PARTICIPAMOS NO CERTAME DE REGUEIFAS

O alumnado de 5º curso, que recibira a formación de Caruncho e Pinto de Herbón no pasado mes de febreiro, participou no Certame de Regueifas organizado polo Concello de Moaña.





VISITA TERESA GONZÁLEZ

Despois dos encontros virtuais do pasado ano a rapazada de cuarto curso está encantada de recuperar os encontros presenciais con autores. Nesta ocasión recibiron a visita de Teresa González Costa a autora de "Unha abella máxica no camiño". Poideron preguntarlle moitas cousas sobre o libro, e incluso suxerirlle que máis lles gustaría que pasara na historia. Ademais Teresa adicoulle os libros (tanto este como "A nena, o monstro e o mar", que leron o pasado curso), e marabillouse coas creacións plásticas que o seu libro lles suxeriu.