29/1/21

ECO-RETO DE FEBREIRO!

 Aproveitaremos este mes de Entroido para fomentar a creatividade sen a necesidade de consumir.

25/1/21

"A xestión dos residuos no cole"

En relación ao PDI no que estamos inmersos este curso, un dos principais problemas ambientais ao que nos enfrontamos diariamente é a xestión de residuos.

Grazas ao programa Revitaliza da Deputación de Pontevedra en colaboración co CEIDA, durante o pasado trimestre profundizamos sobre a compostaxe como a alternativa necesaria para a xestión dos residuos orgánicos, ao ser a máis económica e ecolóxica para tal fin.

Algunhas das actividades nas que participamos, foron as seguintes:

  • Charlas sobre micro-compostaxe nos niveis máis altos de E. Primaria:






  • O xogo da Miñoca para primeiro e segundo de E. Primaria:



  • O xogo dos "Bichocos" para E. Infatil:




Comeza a campaña Moaña: 21 días en galego

 Hoxe arranca por terceiro ano consecutivo a campaña Moaña: 21 días en galego na que participan todos os centros de ensino moañeses en colaboración co Concello.


Na semana previa, cada centro de ensino envioulles ás familias unha carta informativa sobre a campaña buscando a súa implicación. 



O desenvolvemento da campaña é diferente segundo a idade do alumnado:

  • Nas idades máis temperás (alumnado de Educación Infantil, 1º e 2º de primaria) non se busca o compromiso explícito do alumnado no uso da lingua. Os centros de ensino desenvolverán actividades para todo o grupo como empezar cada día cunha palabra en galego seguindo a orde do abecedario ou aprender cada día unha canción.
  • Para o alumnado maior (desde 3º de primaria ata 6º) a campaña só se desenvolve con aquelas persoas que voluntarimente adquiren o compromiso de manterse en galego as 24h do día durante os 21 días. Estas persoas levarán unha insignia identificativa, e participarán en diversas actividades. Quen acade o reto de manter a lingua 21 días levará un premio que non se desvelará ata os últimos días da campaña.

Durante estes 21 días, o Concello de Moaña programa actividades que se desenvolverán nos sete CEIP moañeses:

– Para 5º de primaria: obradoiros de poesía improvisada dan man de dous coñecidos regueifeiros, Luís o Caruncho e Pinto de Herbón. A actividade rematará cun Certame virtual moañés de poesía improvisada no que competirán vídeos de todos os colexios na TV Caranvexo.

– Para 6º de primaria: obradorios O mundo de Inho nos que o monitorado da AGAL (Associaçom Galega da Língua) amosará ao alumnado as diferentes chaves culturais do mundo lusófono, ensinándolles a ler textos escritos en portugués a través do coñecemento do galego



20/1/21

OS ESCORNABOTS E O PDI EN INFANTIL

Os nenos e nenas de infantil tamén están inmersos no PDI, concretamente traballando o ods 14 "Vida submarina". Así pois, aprenderon sobre moitas especies mariñas e as súas características a través deses "robots" que a eles lles gustan tanto, os escornabots. 






14/1/21

O PDI na nosa biblioteca

Ao noso recuncho do PDI na biblioteca seguen chegando libros novos que nos axudarán a investigar, aprender e coñecer máis cousas sobre a problemática e solucións que atopamos neste camiño cara o 2030. 
Hai verdadeiras xoias que poderemos utilizar na clase ou levar prestadas para a nosa casa e seguir aprendendo alí. Desfrutádeos!! 










 

12/1/21

AS ECOPATRULLAS XA ESTÁN DE VOLTA!


As ecopatrullas xa están funcionando en todos os niveis! Este curso debido á problemática do Covid-19 tardamos un pouquiño máis en poñer en funcionamento esta iniciativa que comezou o curso pasado coa colaboración de Voz Natura e que continúa sendo esencial para o bo funcionamento do centro e o cumprimento dos ODS, especialmente no que respecta aos obxectivos 11 "Cidades e comunidades sostibles", 12 "Consumo responsable" e 13 "Acción polo clima". 

Entre as responsabilidades das ecopatrullas están: 

  • Revisar que non quede lixo no chan.
  • Comprobar que as luces quedan apagadas cando non hai ninguén na aula.
  • Regar as verduras e hortalizas do invernadoiro (cando o necesiten).
  • Levar as mondas á composteira e remover o orgánico. 
  • Revisar as papeleiras de reciclaxe, pesar o seu contido e levalo aos colectores correspondentes.




11/1/21

ECO-RETO DE XANEIRO!

 

Este é o reto deste mes! 

Animádevos!

https://drive.google.com/file/d/1lfXfr476VoqW4pSA5jePpUPEAt2HZf2t/view?usp=sharing