25/4/16

EL QUIJOTE POR 6ºEP


O alumnado de 6º finaliza a lectura de "El Quijote", dando así por rematada unha semana chea de aventuras e andanzas

LECTURA DE "EL QUIJOTE" POLO DÍA DO LIBRO

COMEZAMOS A LECTURA DE "EL QUIJOTE" CO ALUMNADO DE INFANTIL.


23/4/16

EN 1616...



EN INGLÉS, CASTELLANO E IDIOMA DE SIGNOS

ESCOITAMOS "EL QUIJOTE"


DENDE OS MÁIS PEQUENOS ATA OS MAIORES LERON "EL QUIJOTE" ANTE UN PÚBLICO DESEOSO DE COÑECER AS GRANDES AVENTURAS DO "INGENIOSO HIDALGO".

20/4/16

O COLE DE SEARA ORGULLOSO DAS SÚAS EX-ALUMNAS

As últimas semanas recibimos con ledicia as novas de que dúas ex-alumnas do 
noso cole foron premiadas en distintos concursos:

Vera Santomé Juncal, que actualmente cursa 1º de Bacharelato no IES A Paralaia, gañou o 
II Concurso  de Microrrelatos de Amnistía Internacional cun relato sobre a crise dos refuxiados.
E Cristina González Miranda, alumna de 2º da ESO no mesmo instituto, gañou un 
Concurso de Vídeo patrocinado pola embaixada francesa.

As dúas non só estudaron en Seara, senón que tamén foron axudantes na Biblioteca do noso cole.
NORABOA VERA E CRISTINA! 

Abaixo podedes ver, pinchando nas fotos, as noticias nos xornais e incluso ler o microrrelato de Vera.




QUIJOTE en pictogramas

Tamén disfrutamos dunha versión de Sancho Quijote con pictogramas.

18/4/16

VISITA MUSICAL


O venres 15 de abril o alumnado de 1º, 2º e 3º recibiu a visita dos curmáns de Tomé (o alumno de 1º B): Izaskun, Marta, Adrián e Artur. Traían un montón de instrumentos tradicionais para lles mostrar. Con eles fixeron ritmos, cantaron, bailaron e mesmo tocaron. Pasárono realmente ben! Moitísimas grazas á marabillosa familia de Tomé!


15/4/16

A MÚSICA E DON QUIJOTE

" Donde música hubiere, cosa mala no existiere"

Estas palabras ponas CERVANTES  en boca do seu personaxe máis universal DON QUIJOTE DE LA MANCHA. Tamén moi universais, por procedencia e estilo, son as seguintes composicións musicais que teñen como fío conductor ao fidalgo manchego.

MÚSICA CLÁSICA (ALEMAÑA):
A obertura da ópera Don Quijote do compositor alemán Telemann en 1761: 




Poema sinfónico Don Quixote para violonchelo, viola e orquestra composto 

por Richard Strauss en 1897




ESPAÑA:
 O poema de León Felipe interpretado por Serrat (1971)




O tema Quijote y Sancho, composto por Juan Pardo e interpretado por Botones, para a serie de debuxos animados da televisión ( 1979)



El Quijote Hip Hop (2005), foi unha iniciativa musical da Biblioteca Nacional para conmemorar o 400 aniversario da obra de Cervantes. Zenit, Dani Pannullo e outros artistas de rap prepararon un material para unha actuación en vivo fronte a Biblioteca Nacional. Esta é a introducción:




En 1998 Mago de Öz graba o álbum La Leyenda de la Mancha. Este é o tema Molinos de viento (versión 2006):



O grupo de jazz-rock Alma y vida grabou este tema, Don Quijote de barba y gabán (1972)



Asfalto o grupo de rock madrileño  adicou en 1978 unha canción  a  Rocinante:




 BRASIL:
 Don Quixote é un tema do álbum Dançando No Campo Minado (2003) do grupo Engenheiros do Hawaii.




ESTADOS UNIDOS:
 Man of la Mancha é un musical de Broadway do año 1965. A canción O soño imposible foi especialmente popular. Eiquí  vémola interpretada por Peter O’Toole, que protagonizou a versión cinematográfica xunto a Sofia Loren en 1972:



Don Quixote de Cherry Poppin’ Daddies para el álbum de 1996 Kids on the
street
:




 REINO UNIDO:
  Coldplay e o seu tema Don Quixote de 2010:




CANADÁ:
En 1997 Celine Dion cantaba  en francés Hymne A L’amitié:





Gordon Lightfoot, compositor de country, cantaba en inglés Don Quixote en 2010:


ITALIA
Don Chisciotte  é un tema do álbum Stagioni (2002) do italiano Francesco Guccini:



ISRAEL
A cantante israelí Dana International tamén lle adica unha canción ao fidalgo cabaleiro no seu álbum Maganona de 1996:



 SUECIA
O cantante e compositor sueco Björn Afzelius escribiu a canción Don Quixote en 1988:

8/4/16

TOLOS POR MARCOPOLA

Os rapaces e rapazas de primeiro B andan toliñ@s por MARCOPOLA, unha illa remeira que vive divertidas aventuras na compaña dos seus amig@s. 
Xa leron os tres cómics e, mentras agardan a publicación do cuarto libro, aquí tedes o mural que fixeron con auténticos debuxos de  Jacobo Fernández Serrano.

7/4/16

ESPANTALLO AMIGO

Na clase de primeiro A estiveron  lendo e gozando de "Espantallo amigo", do escritor Xosé Neira Vilas, un dos clásicos da nosa lingua. O libro conta a bonita historia dun espantallo con  corazón de pexego que en vez de  espantar aos merlos 
faise amigo deles. 

4/4/16

A LER CON DON QUIJOTE

Este mes non te esquezas de visitar a nosa mesa de exposicións e ollar algúns dos libros que temos para conmemorar o 400 aniversario  da morte de Miguel de Cervantes Saavedra co seu libro máis famoso:"El Quijote".


1/4/16

DÍA MUNDIAL DA CONCIENCIACIÓN SOBRE O AUTISMO. 2 DE ABRIL

O día 2 de abril é o Día Mundial da Concienciación sobre o Austismo.
É moi importante coñecer este problema porque afecta a uns cincuenta mil nen@s en España e non debemos esquecer que teñen os mesmos dereitos que o resto dos nen@s, sobre todo o dereito a ter unha vida digna e feliz.

O AUTISMO, COMO O ESENCIAL, É INVISIBLE AOS OLLOS, VESE CO CORAZÓN.

Así estaba hoxe a nosa escola

A continuación podedes ver dous vídeos elaborados polo alumnado de dous centros de ensino de Moaña. O primeiro realizouse no IES AS BARXAS e o segundo está feito polo alumnado do CEIP SEARA coa colaboración dun pai.