8/11/26

MAGOSTO NO PARALAIA

 O alumnado de 6º de Educación Primaria visitou o instituto da Paralaia, onde os agardaba unha xornada chea de diversión, retos e novas experiencias.

Desfrutaron de xogos populares, puxeron a proba a súa habilidade coa billarda ou cachiza, atrevéronse coa escalada e resolveron enigmas nun divertido escape room na biblioteca.

E, como non podía ser doutra maneira nesta época do ano, tamén houbo tempo para saborear as tradicións: castañas asadas, chourizo e pan.

Unha xornada estupenda para compartir, aprender, convivir e achegarse a unha nova etapa educativa da mellor maneira posible!

Grazas ao IES A Paralaia por unha experiencia tan especial!

4/11/26

VISITA Á PRAZA DE ABASTOS

Grazas á Illa dos Ratos e ao Concello os nenos e nenas de 1º curso visitaron a praza de Moaña, onde descubriron que debaixo había unha praia, que o peixe azul ten colka en forma de frecha e o branco de vasoira e incluso atoparon ao avó dun compañeiro. Foi un día cargado de aprendizaxes, rematado con merenda e xogos no parque.

30/10/26

SAMAÍN EN SEARA

Celebramos o Samaín no cole de Seara!

Entre receitas  terrorificamente deliciosas, exposicións de cabazas cheas de creatividade, migallos feitos con cariño para compartir, contos, risas e moita ilusión... vivimos unha xornada moi especial.

Tradición, convivencia e festa rachada para gozar xuntos dunha das celebracións máis máxicas do outono.

Grazas ás familias pola  súa colaboración!

SAMAÍN EN PRIMEIRO CURSO

Moito máis que un truco ou trato, a rapazada de 1º curso pediron e lograron o seu migallo en de 6º de Ed infantil (5 anos). Tiveron moita sorte: leron o conto da araña, escoitaron a canción, regaláronlles unha e xogaron xuntos. Encantoulles poder compartir ese momento cos compañeiros/as!