22/12/17

CONTACONTOS EN PRIMEIRO

As nosas axudantes de biblioteca, Mara e Naya, prepararon varios contos durante este trimestre para contarlles aos nenos de primeiro. Que ben o fan!



21/12/17

RECOMENDACIÓNS LECTORAS POLO NADAL

Estas son as Guías de Lectura da Coordinadora de Dinamización Lingüística do Morrazo. Cada neno xa levou a súa para a casa, non esquezades pedir algún libro polo Nadal!!!



11/12/17

COMEZANDO CO NOSO XORNAL

Este curso imos facer un xornal entre todos, por iso recibimos a visita duns xornalistas do Faro de Vigo que viñeron a orientarnos.


10/12/17

DOCUMENTAL SYNGDOC: O DESCOÑECIDO MUNDO DOS SIGNÁTIDOS

O biólogo Miquel Planas, científico do CSIC, estivo en Seara presentándonos o seu maravilloso documental sobre os cabaliños de mar (o tedes máis abaixo por se queredes velo coas vosas familias) Ao rematar tivemos ocasión de ter unha interesante conversa con el e preguntarlle todas as nosas dúbidas. Pola súa parte, el quedou encantado ao ver todo o traballo previo realizado.





7/12/17

O INVENTO MÁIS ÚTIL NA CASA

Xa tedes na entrada principal do colexio o resultado da enquisa que realizamos entre todas as familias preguntando cal era o invento que lles parecía máis útil na casa.


6/12/17

MALETA CIENTÍFICA

Xa anda polas aulas a Maleta Científica que nos chegou de Santiago. Agora anda por segundo curso. Cantos libros marabillosos contén!

5/12/17

ALFABETOS POLO MES DA CIENCIA

Xa temos na biblioteca as distintas aportacións das aulas á nosa proposta de Abecedarios Científicos:

INFANTIL 5 ANOS:


PRIMEIRO CURSO:


SEGUNDO CURSO A:

TERCEIRO CURSO A:

CUARTO CURSO:


QUINTO CURSO:


SEXTO CURSO:


30/11/17

NOVEMBRO: MES DA CIENCIA

Este é o gran mural que preparamos polo Mes da Ciencia.
Nel facemos partícipes aos compañeiros doutras clases dalgúns dos experimentos que cada curso está realizando na súa aula.
Ademais decidimos realizar alfabetos relacionados con algún tema científico.
Tamén expusemos os moitos traballos feitos para preparar a visita do científico Miquel Planas e o visionado do seu documental.


27/11/17

TARDES DE CONTO

Todas as tardes tedes a biblioteca aberta, pero algunhas tardes son especiais... son tardes de contos. Neste caso os contacontos foron alumnos e alumnas de cuarto e quinto:


17/11/17

A LENDA DA POZA DA MOURA

O alumnado de Cuarto cóntanos neste vídeo a lenda da Poza da Moura a través dos seus debuxos:

5/11/17

SAMAÍN 2017 EN SEARA

Este ano ademais da exposición de libros de medo e dos corredores adornados coas cabazas, saímos ao patio para cantar e bailar a canción de Magín Blanco "Que medo me da!" que fala de todos os lugares mágicos do Morrazo, e a partir da cal investigamos as lendas de medo da zona. Aquí tedes un pequeno resumo do día:

31/10/17

LENDAS DE MEDO POLO SAMAÍN

Este ano investigamos cales eran as lendas de medo de Moaña e do resto do Morrazo. Abaixo tedes un pequeno resumo do resultado final do traballo.
Gustaríanos dar as grazas a todas as familias pola axuda na recopilación das lendas e na concreción delas cos nenos máis pequenos. Unha vez máis a vosa colaboración foi marabillosa!

2/10/17

MOCHILAS VIAXEIRAS

Unha vez preparadas, as mochilas viaxeiras deste curso están xa nas súas respectivas aulas e comezan unha fermosa viaxe polas casas dos nosos alumnos.

1/10/17

EXPOSICIÓN DE LIBROS DE CIENCIA NA BIBLIOTECA

A Biblioteca inaugurouse hoxe cunha pequena exposición dalgúns dos libros de Ciencia que temos.


28/9/17

AXUDANTES DE BIBLIOTECA

Os axudantes da Biblioteca están xa preparados para a apertura da Biblioteca o vindeiro luns, de feito, estiveron xa traballando e preparándose.


25/9/17

NOVOS LECTORES NA NOSA BIBLIOTECA

O alumnado novo no colexio fixo unha pequena visita á Biblioteca e recibiu o seu carné. Tanto os pequenos de 3 anos coma os novos alumnos esperan impacientes a apertura da nosa biblio.


17/9/17

COMEZA UN NOVO CURSO

Comeza un novo curso no noso colexio. Este ano todo vai xirar en torno á CIENCIA e imos poñer as nosas cabezas a pensar e aprender, por iso o noso proxecto recibiu o nome de EXPERI-MENTES e Searín converteuse nun intelixente científico.







30/6/17

RESUME FOTOGRÁFICO DA COMICON INTERCENTROS

Como colofón ao remate deste marabilloso curso e por petición popular, volvemos colgar a presentación das fotos da COMICON INTERCENTROS DE MOAÑA



15/6/17

SEGUNDO VIAXA CO ANIME E A BANDA DESEÑADA

O alumnado de 2º viaxou polo mundo e descubriu personaxes, culturas, músicas, gastronomías...

12/6/17

OS DE PRIMEIRO ANÍMANSE CO STOPMOTION

O alumnado de primeiro crea historias propias cun dos seus personaxes favoritos: Bob Esponja



8/6/17

RAMÓN CARIDE EN SEARA

Hoxe o alumnado de terceiro recibiu a visita de Ramón Caride co que tiveron unha interesante conversación sobre "As viaxes de Ruki", un dos seus últimos libros. Ademáis o escritor quedou encantado cando lle amosaron a banda deseñada que os nenos fixeron sobre o seu libro.



26/5/17

AS LARANXAS MÁIS LARANXAS DE TÓDALAS LARANXAS

O alumnado de 6º B representou a obra de Carlos Casares "As laranxas máis laranxas de tódalas laranxas". Espectacular a súa posta en escena e moi divertida!

TEATRO DE "A GALIÑA AZUL" EN 2º CURSO

Os nenos e nenas de 2º curso teatralizaron tres dos contos do libro de Carlos Casares "A galiña azul": "O peixe da fonte do xardín", "A bomba da felicidade" e "A galiña azul". Estes rapaces son uns actores estupendos!


25/5/17

OBRA DE TEATRO SOBRE A COMICON

Os nenos e nenas de cuarto curso realizaron unha obra de teatro sobre a Comicon Intercentros deste ano: aquí tedes algún fragmento, quedoulles chulísimo!

24/5/17

CURTA CONTRA O ACOSO ESCOLAR

Ao longo do curso alumnos de 5º e 6º tiveron un obradoiro de cine. Aquí tedes o resultado do moito que traballaron. Noraboa!


19/5/17

CONCURSO DE BANDA DESEÑADA DO CONCELLO

O alumnado de 5º e 6º de Educación Primaria participou no Concurso de Banda Deseñada do Concello.



8/5/17

COMICON INTERCENTROS DE MOAÑA

Os días 12 e 13 de maio terá lugar a Comicón Intercentros de Moaña a partir dunha iniciativa do IES A Paralaia. O noso cole participa xunto con outros centros. Na página web de A Paralaia tedes toda a información actualizada das actividades que se realizan.



22/4/17

CONTACONTOS CON IAGO LÓPEZ E O COCIÑEIRO MARTIÑO

Dentro das celebración do día do libro os máis pequenos do cole (dende 3 anos ata 2º) recibiron a visita de Iago López, que ademáis de ser un marabilloso escritor é un fantástico contacontos.



5/4/17

CADERNO DE BANDA DESEÑADA

O alumnado de 2º curso realiza un caderno sobre os elementos da banda deseñada.

3/4/17

SUPERHEROES EN INFANTIL

Os nen@s de Infantil estiveron aprendendo moitas cousas sobre como ser un superheroe. Aquí o podedes ver:

27/3/17

BANDA DESEÑADA NA BIBLIOTECA

A petición do alumnado de 5º curso xa temos na biblioteca "Solos 4"


26/3/17

LORCA CON EMOCIÓN EN 6º B

Espectacular stopmotion realizada polo alumnado de 6º B co poema "la Tarara" de Federico García Lorca.

24/3/17

SUPERHEROES DE BANDA DESEÑADA NA BIBLIOTECA

Na biblio temos libros de superheroes para os máis pequenos:





20/3/17

16/3/17

OS GLOBOS EN INFANTIL

O alumnado de Infantil coñece os globos



15/3/17

ANIVERSARIO DE IBÁÑEZ

Francisco Ibáñez naceu o 15 de marzo de 1936, polo que hoxe cumple 81 anos. Dende Seara queremos felicitar ao creador de Mortadelo e Filemón; 13, rue del Percebe; Rompetechos; o botones Sacarino; Pepe Gotera e Otilio... e tantos outros entrañables personaxes da banda deseñada española. Parabéns Ibáñez!

14/3/17

GANADORES DO CONCURSO DE PISTAS SOBRE BANDA DESEÑADA

Como foron dous os únicos acertantes das Pistas e da Gran Pregunta do concurso de banda deseñada o equipo da biblioteca decidiu concederlle o premio a ambos.
Tamén acordou otorgarlle un premio aos participantes que foron quen de resolver as oito pistas.
Noraboa ás familias! Sabemos que a vosa axuda foi determinante.
Os ganadores:

Os finalistas:

OS BOOKTUBERS DE SEARA 4

13/3/17

BANDA DESEÑADA NA BIBLIOTECA


TEIJEIRO CON EMOCIÓN

Neste mes da poesía continuamos facendo stop motions. Neste caso son os alumnos de 2º A os que puxeron imaxes e voz a un fermoso poema de Antonio García Teijeiro


11/3/17

100 ANOS DE TEBEOS

O 11 de marzo de 1917 publicábase o número 1 da revista que deu nome aos tebeos. Hoxe cúmprense 100 anos do TBO!!!


9/3/17

DÍA DA MULLER: PARÓN CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO

Mentras os de 3º, 4º e 5º participaban no acto organizado no Concello, o resto do colexio paraba as clases durante 15 minutos.

8/3/17

MULLERES GALEGAS

 A PRIMEIRA VIAXEIRA GALEGA

Exéria realizou no século IV unha viaxe a Oriente Próximo. No seu libro Itinerarium Egeriae narra esta viaxe, polo que tamén se considera a primeira escritora hispana en lingua latina.








A INVENTORA DO E-BOOK

Ángela Ruiz Robles inventora da enciclopedia mecánica e precursora do e-book electrónico en 1949.








A HEROÍNA DA NOSA LINGUA

Rosalía de Castro





7/3/17

A GRAN PREGUNTA



Como poidestes averiguar todas as pistas facían referencia a personaxes femininas do cómic español, aínda que foron creadas por homes.
Saberías dicir cal deles é o creador que ten moita, moita relación cos teléfonos?



6/3/17

VIÑETAS PARA A CARROZA DA XOUBIÑA

Todas as aulas realizamos viñetas para colaborar coa ANPA na realización da carroza do Desfile da Xoubiña:


LORCA CON STOPMOTION: OS LAGARTOS


5/3/17

ENTROIDO 2017

O traxe elixido este curso foi o de superheroe ou superheroína. Como é tradición no noso cole houbo desfile, murgas no palco da praza, degustación de postres típicos e testamento e queima do Meco.



BANDA DESEÑADA NA BIBLIOTECA






4/3/17

PISTA 8





As meteduras de pata, as confusións nos recados e algún intento de escaquearse do seu traballo doméstico eran a base das historias. O seu desexo era volver ao pobo onde naceu.