30/10/20

CONTOS DE MEDO POLO ALUMNADO DE 3º

Ao alumnado de 3º gústalle moito o Samaín e tamén os contos de medo. Así pois, tiveron unha idea xenial! Crearon historias de medo para poder asustarnos a todos con elas. Como? Pois subindo á radio para gravalas e facérnolas chegar. Ademais, realizaron dúas entregas por se coa primeira aínda non tiveramos suficiente medo... Searín está encantado co resultado, aínda que non ten moi claro se durmirá esta noite despois de escoitar estes contos terroríííiííííficos!

Anímate a escoitalos!! Están xenial! 


Traballamos o Samaín

 Unidade didáctica para Educación Infantil e Educación Primaria elaborada polos EDLG de varios centros de ensino da Coruña con diferentes manualidades, actividades e textos para traballar o Samaín.


25/10/20

O alumnado de sexto presenta o PDI na radio

Co galo da celebración do Día das Bibliotecas Escolares, o alumnado de sexto estivo gravando na radio a presentación do PDI deste curso "Camiñando cara o 2030" para todos nós. Contáronnos en que consisten os ODS, as súas investigacións sobre o panorama ao que nos enfrontamos de non tomar as medidas necesarias e tamén algunhas das posibles solucións. 

 Eles xa comezaron o camiño....e ti? Camiñas ao noso lado? 

Noraboa polo traballo sexto!! 




24/10/20

Feliz Día das Bibliotecas Escolares!! (Parte II)

O alumnado de Infantil tamén se sumou á celebración do Día das Bibliotecas Escolares. Neste caso a pregunta foi: Como sería a túa biblioteca ideal? O resultado foron uns debuxos fantásticos que lle deron moitas ideas a Searín de como mellorar a biblio!!

O resultado tamén se expuxo no corredor da biblio! 

Hai que ver o ben que debuxan estas crianzas!! Parabéns!!

 






 

Feliz Día das Bibliotecas Escolares!! (Parte I)

Este curso o Día da Bibliotecas Escolares foi diferente. Aínda que non o puidemos celebrar xuntos na biblio como facemos noutras ocasións, sí realizamos todos a mesma actividade. 

En relación co proxecto, lanzouse a seguinte pregunta: Como imaxinas ti o mundo dentro de 50 anos? Lápiz e cores en man coa nosa imaxinación por diante, puxémonos a debuxar como pensamos que poderá ser o mundo alá polo 2070. 

Expuxemos os traballos no corredor da biblio e aquí xurdiu a maxia: tantos resultados diferentes como probabilidades hai de que o mundo cambie nestes próximos anos.  Talvez no 2070 os robots formen parte das nosas vidas, pode que tamén nos despracemos polo aire de xeito habitual, mais tamén nos percatamos de que se non realizamos un cambio a nivel individual e colectivo é probable que o mundo tal e como o coñecemos agora sexa mellor que no 2070. 

Estes debuxos van ser sen dúbida un bo comezo para reflexionar sobre o camiño que debemos tomar. 

Cambio positivo ou negativo? Searín opta polo primeiro... e ti? Empezamos? 






19/10/20

OS ODS POLO ALUMNADO DE SEXTO

Os maiores do cole animáronse a investigar e facer unhas presentacións marabillosas dos obxectivos de desenvolvemento sostible que imos traballar este ano no PDI. Así, todos podemos entender un poquiño mellor en que consiste cada un deles.

 Bo traballo rapaces/as!!

 

Presentacións realizadas por Etienne, Sabela, Leire Santomé e Diego Verde. 

15/10/20

O NOSO PORTA MÁSCARAS

 E si algo non podía faltarnos este curso é un porta máscaras. Así que deseñamos un coa nosa mascota Searín e o lema do PDI deste curso "Camiñando cara o 2030", enchémolo de animaliños, démoslle cor, recortamos e...voilà! Porta máscaras de cartolina listo! 











13/10/20

Lecturas que nos unen

 En Educación Infantil descubriron este conto marabilloso!


Un conto que fala de como poder seguir sendo amigos/as e mostrándonos o afecto dende a seguridade da distancia física que tan necesaria é actualmente.

Así o deixaron reflectido, estos pequenos/as, nas súas aulas:






Carteis solidarios

En quinto prepararon estes carteis tan chulos para promocionar campañas solidarias. Realizaron as propostas, ilustráronas e subiron á radio para gravalas e poder anunciárnolas. Logo realizaron a montaxe e este é o resultado final.

Parabéns 5º!



9/10/20

"AS MANS LIMPIÑAS"

O alumnado do mandilón morado subiu á radio a gravar a canción das mans limpiñas. Logo realizaron un vídeo con todos os pasos que temos que seguir para lavar moi ben as mans, pois xa sabemos que é importantísimo habitualmente, pero máis nos tempos que corren. 

O resultado non podía ser máis chulo! Searín xa canta a canción en bucle...e ti? Anímaste a cantala tamén mentres lavas as mans? 

Parabéns nenas e nenos!! 

7/10/20

CAMIÑANDO CARA O 2030

"Camiñando cara o 2030" é o título do noso PDI para este curso 2020-21. Estamos nun momento clave para entender que mellorar o planeta depende das nosas accións e o tipo de actividades que realizamos. Así pois, imos basearnos nalgúns dos ODS que a ONU estableceu na súa axenda para o 2030 para o noso punto de partida. Seguro que o camiño que imos recorrer vai ser impactante mais tamén estará cheo de ilusión e de propostas de cambio.

Aquí tedes a presentación do PDI que realizou sexto curso e que explica con detalle cada un dos obxectivos seleccionados para traballar este curso. 

E ti, anímaste a camiñar con nós cara o 2030?

2/10/20

XA ESTAMOS DE VOLTA!!

Este curso estanos costando un pouquiño máis que de costume por en marcha a biblioteca. Searín estivo preparando un protocolo para que todas e todos poidades acceder de maneira segura á biblio nesta nova situación na que nos atopamos inmersos. Presta atención!!