22/12/19

ENTREVISTA A XOSÉ MANUEL GONZÁLEZ "OLI" EN RADIO SEARA

Este xoves tivemos a sorte de ter na Radio Seara ao autor, tradutor e mestre Xosé Manuel González "Oli".
Puxémonos en contacto con el, pois despois de ler "O libro dos porcos" fixámonos en que é o tradutor desta obra e ademais descubrimos que hai un aula do noso colexio adicada á súa figura. 
Por iso empezamos a investigar sobre el, a ler os seus libros e decidimos convidalo ao colexio para facerlle unha entrevista na nosa Radio Escolar e así coñecelo un pouquiño máis. 






Queredes saber que títulos escribiu?
Queredes coñecer algún segredos sobre os personaxes que creou?
Pois conectádevos con Radio Seara!!!

17/12/19

INVENTOS QUE CAMBIARON O MUNDO

Novembro é o mes da Ciencia, así que o alumnado de Seara púxose a investigar sobre os inventos que cambiaron o mundo. 
Seleccionaron aqueles que máis curiosidade lles despertou e cubriron a ficha co nome do invento, orixe, inventor/a, unha breve descrición do invento así coma un debuxo ou imaxe do mesmo. 
Xa por último, asignáronlle un número a cada invento e colocaron a modo de lupa o seu lugar no mapa do mundo para telos localizados xeograficamente. 
Moi bo traballo rapaces/as!!




8/12/19

LIBROS QUE PROVOCAN ARTE

As rapazas e os rapaces de 5º puxeron en práctica un dos obradoiros de arte propostos polo artista Hervé Tullet no seu libro:






Traballando en equipos cooperativos e a través de puntos, liñas, curvas, figuras xeométricas...crearon verdadeiras obras de arte.




Observade, observade!

4/12/19

RECITADO DA CANTIGA "LELA" NA RADIO

Con motivo do 25 N algúns alumn@s de Infantil e Primaria xuntáronse na radio para recitarnos a cantiga "Lela" de Castelao. Nesta cantiga tamén se basearon os murais da entrada e da exposición da biblioteca que xa vistes na entrada anterior. 

Esperamos que vos guste!