29/5/15

OS DE 5º B CONTAN CONTOS A INFANTIL E 1º


Seguimos coas lecturas compartidas. Como podedes ver disfrutamos estes contos cun ambiente xenial. Ata o día soleado acompañounos formando parte do  decorado. E a merenda, immmm!


22/5/15

DOUS NOVOS CONTOS :"A COCIÑEIRA DO REI" E "O TÍO LOBO"


A COCIÑEIRA DO REI


O TÍO LOBO



Os de segundo agasallaronos cunha torta da avoa:

OS CONTACONTOS DE 6ºB VISITAN A 3º E 4º

Os de 6º agasallan aos alumnos/as de 3º e 4º cun conto e estes agradécenllo invitándoos a unha merenda.

19/5/15

6ºA CONTACONTOS: "A TOUPIÑA"

Os nenos/as de 6ºA saen ao patio para contarlles aos de 2º un conto moi do gusto de todos.


AS NAIS DE 4 ANOS CONTAN CONTOS NA ESCOLA

As nais dos alumnos de 4 anos tamén foron as aulas a contar contos; contos para explicar o autismo, contos para abrir o apetito... variedade de temáticas para facer que os mais pequenos disfruten dos relatos e se apaixoen por cada unha das historias que poden atopar nos libros:

GASTRONOMÍA NA IDADE ANTIGA


No seu percorrido pola Historia, o alumnado de 5ºB tamén se detivo no tipo de alimentación que tiñan algúns dos pobos antigos.


PERE TOBARUELA VISITA A BIBLIOTECA DE SEARÍN


Os de 3º elaboraron unha entrevista, traballando esta modalidade de texto coa visita de Pere Tobaruela,, clicade na imaxen seguinte para lela:
                                 

15/5/15

OS DE 5º CONTACONTOS



Aquí podedes ver aos nenos e nenas de 5º dramatizando os contos que prepararon para o alumnado de Infantil. " A mosca chosca" , " Maruxa"....


 

ANXO FARIÑA "A CHAVE DA ATLÁNTIDA"

Traballo plástico realizado polo alumnado de quinto despois da lectura do libro "A chave da Atlántida" . Esta exposición plástica atópase no andar da biblio como agasallo ao seu autor, Anxo Fariña, na súa visita á biblioteca do centro.


14/5/15

AFAMO VISITA O COLE DE SEARA

@s nen@s de 2º e de 6º do noso colexio recibiron a visita dalgúns dos usuarios de AFAMO (Asociación de Familiares de Enfermos de Alzheimer do Morrazo) e gozaron dunha emotiva xornada de convivencia.

AUTOR HOMENAXEADO NAS LETRAS GALEGAS: "XOSÉ FIGUEIRA VALVERDE"




Cllícade aquí para ver a páxina: Filgueira Valverde

Aquí atoparedes actividades para imprimir e on line para coñecer máis sobre o autor homenaxeado.
Se queredes ir directamente a algún do enlances:   Actividades en liña
                                                                         Actividades para imprimir

12/5/15

RECEITAS DO ALUMNADO DE 6º EN DRIVE

 Receitas presentadas en drive polo alumnado de 6ª. Botádelle un ollo a estas exquisitas larpeiradas:
                                                                                                                         

                                               
  

                      
                      
                                                                                                                       

TITULOS DE CONTOS NAS ESCALEIRAS

       Durante a semana das Letras Galegas todo o alumnado  de 5º e 6º de Primaria escenificarán contos e máis contos para os nenos e nenas do centro.
Xa levamos varios días traballando en equipo, practicando os papeis, preparando atrezzo, elexindo os escenarios...
Nas escaleiras de subida a biblioteca imos abrindo boca.
             


11/5/15

DÍA DAS LETRAS GALEGAS

Como xa sabedes o Día das Letras Galegas está adicado este ano ao escritor 
Xosé Filgueira Valverde. Se queredes coñecer algo máis sobre a súa vida e obra ou facer algunhas actividades sobre el pinchade na foto.
http://www.xunta.es/linguagalega/xose_filgueira_valverde

6/5/15

OS REGUEIFEIROS NA ESCOLA


A improvisación oral en verso púxose ao servicio do noso proxecto anual de Gastronomía. O alumnado pensaba os alimentos e os regueiferos facían as súas improvisacións.
Despois do recreo os nenos do CEIP SEARA tiveron o pracer de escoitar unhas regueifas no ximnasio, quedaron encatados e despois moitos pedíronlles uns autografos. Nestes videos podedes ver un exemplo do acontecido.