24/2/17

PISTA 6





Leva un lazo vermello. É moi crédula e ten moita paciencia cos seus fillos.

SOMOS ROSALÍA


22/2/17

PISTA 5




Muller de nariz aguileña que sinte verdadeira satisfacción facendo dano aos demais.
Ser malvado e escuro froito da postguerra española.

20/2/17

PISTA 4




Teñen nome de reis godos, unha é loira e outra morena.

BANDA DESEÑADA NA BIBLIOTECA


18/2/17

PISTA 3




Coas súas bonitas trenzas, modales correctos e apariencia tranquilizadora esta personaxe consigue poñer en evidencia o mundo dos adultos.
Ten unha grande habilidade para sair impune das súas falcatruadas.

16/2/17

MIRA QUE PLANOS!

O alumnado de 6º traballou os diferentes tipos de planos da Banda Deseñada.
Primeiro buscaron en cómics que tiñan na clase, analizando planos en pequenas secuencias temporais e interpretando unha historia en viñetas pero sen texto, axudándose da forza da imaxe e dos distintos planos.
A continuación elixiron entre dous posibles puntos de arranque para a historia: Unha nena que cae nun burato profundo ou dous irmáns que tiñan prohibida a entrada a unha habitación concreta da casa.
Por último crearon a súa propia historia.
E aquí tedes algún exemplos do resultado:

BANDA DESEÑADA NA BIBLIOTECA


PISTA 2





Anciá que vivía soa e a súa única distracción era sair á rúa ou pasear polo campo.
De apariencia fráxil e bondadosa, esta señora manexábase moi ben con todo tipo de perigos: estafadores, ladróns, animais e outras criaturas. Truncará os plans de todos eles e sairá airosa de todos os líos.




OS BOOKTUBERS DE SEARA

Os alumn@s de 5º e 6º convírtense en booktubers e nos mostran as súas reseñas bibliográficas:

14/2/17

OS DE 6º INVESTIGAN PARA O PROXECTO


PISTA 1




Leva un vestido vermello e unhas botas ata os xeonllos.
Non se achica ante nada e cando se enfada é capaz de calquera barbaridade.

13/2/17

XOGAMOS CON PISTAS

Propoñémosche que fagas de detective e demostres as túas habilidades investigadoras para descubrir que personaxes da banda deseñada española se agochan detrás das pistas que irán aparecendo no blog da biblioteca.
Se queres participar pide a túa ficha na biblioteca.Cada vez que consigas a solución a unha das pistas conseguirás un selo.
ÁNIMO, SUPERDETECTIVES!!!!

STOP MOTION

Película realizada por alumnado de 6ºB coa app stopmotion studio