27/5/22

Correlingua 2022

 O alumnado de 1º, 2º e 3º de E.P. desprazáronse ata Cangas para gozar da actuación de Pablo Díaz no Correlingua do Morrazo.






18/5/22

SEMENTANDO GALEGO 2022

Celebramos o Día da Lingua con xogos cantados que se transmiten de maiores a pequenos.





Ía eu camiño de Viseu

17/5/22

Debuxos para elaborar o Scratch -Idade Media

O alumnado de quinto elabora o material para crear un Scratch histórico.


16/5/22

UN ALMORZO PARA PENSAR

 "Un almorzo para pensar", así é como se titula  a pequena historia que os alumnos de valores de 4º gravaron para facernos reflexionar.

14/5/22

SEGUIMOS LIMPANDO AS PRAIAS

O Faro de Vigo faise eco do noso traballo limpando as praias de Moaña. Pincha na foto para ler a noticia.

11/5/22

VOLVEN OS BOOKTUBERS A SEARA

O alumnado de 4º ten moitas ganas de que a biblioteca volva a funcionar con total normalidade, así que, animáronse a facer algunhas das tarefas dos axudantes da Biblioteca, neste caso recomendacións lectoras.  Non se lles dá nada mal facer de booktubers!










6/5/22

Limpamos a Xunqueira

As nenas e nenos de primeiro e quinto de primaria saíron limpar a praia da Xunqueira , recolleron 7,5 kg de lixo en moi pouco tempo. SALVEMOS O PLANETA!


3/5/22

Scratch coa poesía de Fran Alonso

 O alumnado de 5º curso puso en práctica os seus novos coñecementos de Scratch para mostrar o aprendido sobre a obra de Fran Alonso e preparar a súa visita.

 

 

 

 

FRAN ALONSO EN RADIO SEARA

A charla de Fran Alonso sobre o seu libro "Douche a miña palabra" rematou cunha entrevista en Radio Seara.