30/3/20

CONTOS CONTADOS

 Dende a editorial Kalandraka xurdeu a iniciativa chamada "Contos contados". Con ela pretenden compartir con todos e todas vós o amor polos libros e as lecturas.Así pois, na súa web podedes acceder a esta nova sección e gozar durante uns instantes  dalgúns dos seus contos máis famosos que tamén temos na nosa bilio, como "O coelliño branco", "P de papá", "A cebra Camila" ou "Garavanciño" contado pola profe Olalla. 

Premede no seguinte enlace para poder acceder:  Contos contados

E ti? Estás lendo moito estes días? 

O PDI EN 2º: FRANCIA

O alumnado de 2º continuou durante o segundo trimestre inmerso na súa volta ao mundo. Nesta ocasión fixeron unha parada en Francia e comezaron a investigar sobre a súa localización, mapas de rúas e metro, os seus monumentos e museos máis importantes, comidas típicas... Ademais, tamén traballaron sobre un dos libros máis famosos do país e o seu escritor e ilustrador: "O Principiño" de Antoine de Saint-Exupéry.
Expuxeron o resultado no corredor. 

Mirade que bonito lles quedou!! 




O PDI EN 2º: FRANCIA

24/3/20

LECTURAS NA CASA

A Rede de Bibliotecas Públicas de Galicia, a través da súa web Galiciale.gal ten á vosa disposición un catálogo de libros en castelán e galego, ademais de música e pelis. Só tedes que rexistrarvos e alugar aqueles que vos interesen. 
Así que, aquí tedes unha boa opción para seguir lendo. 
Anímate!!

 Preme no seguinte enlace para acceder: GALICIALE


O SALÓN DO LIBRO VIRTUAL DE PONTEVEDRA

Xa sabedes que o Salón do Libro de Pontevedra foi cancelado polas circunstancias actuais que estamos vivindo. Non obstante, tedes a posibilidade de visitalo de maneira virtual. Alí podedes atopar un montón de propostas chulas: contacontos, concertos, receitas... Seguro que ides pasar un bo anaquiño coa visita.
Animádevos a entrar! Preme no seguinte enlace   SALÓN DO LIBRO VIRTUAL


21/3/20

21 DE MARZO. DÍA DA POESÍA

Hoxe é o Día Mundial da Poesía! Aínda que se fai moi raro celebralo dende as nosas casas....
Anímovos a que recitedes algún dos vosos poemas favoritos á vosa familia. 

Dende aquí déixovos unha proposta para elaborar o voso propio poema. Está extraída do libro "Poesía. El primer libro de poemas escrito por ti" de María Isabel Sánchez Vegara.
Simplemente tedes que escoller as palabras que queirades da páxina da esquerda e completalas na dereita. Seguro que o resultado está xenial! 


E recorda !


18/3/20

O COVID-19 DA MAN DA PROFE ÁNGELA

A profe Ángela realizou un vídeo moi chulo onde nos explica en que consiste o virus que está afectando tanto a nosa vida diaria e que medidas preventivas debemos tomar.

Eu penso que non podería ser máis claro a par que divertido e entretido!.

Moitas grazas, Ángela!!




10/3/20

RAQUEL QUEIZÁS E A IGUALDADE NO CINE

Con motivo do Día da Muller, asistimos no noso centro ao espectáculo "Cine de Historias"que Raquel Queizás protagoniza meténdose no papel de Alice Guy, a nai do cine e unha muller fascinante inxustamente olvidada.
  Realizamos unha viaxe no tempo para coñecer a súa vida e ver fragmentos das súas películas.






8/3/20

8 DE MARZO. DÍA DA MULLER

Este curso para celebrar o 8M realizamos distintas actividades.
Por unha parte, debuxamos e pintamos en depresores de madeira unha muller importante para nós.
O resultado de todos os depresores pegámolo sobre un mural que o alumnado de Educación Infantil pintou e que podedes encontrar na entrada do centro.
Mirade que chulo quedou!






Por outra banda, cada clase centrouse nunha ou varias mulleres aventureiras ou pioneiras. Investigaron por equipos sobre elas e plasmaron o resultado en cartolinas. Ademais, con pequenas lupas, situáronas no mapa, tendo en conta o seu país de orixe.
Cantas destas mulleres coñecías ti? Non che parece interesantísimo quenes foron ou son e o que conseguiron facer?