14/12/15

SEMPRE NEIRA VILAS

O pasado 27 de novembro finou un dos escritores máis destacados da nosa literatura: XOSÉ NEIRA VILAS. Aínda que toda a súa creación literaria é importante, será sempre especialmente lembrado pola súa obra "MEMORIAS DUN NENO LABREGO"o libro máis lido da historia da Literatura galega e que Neira Vilas adicou "A todos os nenos que falan galego".
Dende o colexio de Seara quixemos facer esta pequena homenaxe ao autor e a súa obra.

9/12/15

DÍA UNIVERSAL DOS DEREITOS HUMANOS

O 10 de decembro é o Día dos Dereitos Humanos. O seguinte vídeo titúlase "UNIDOS" e trata de concienciar sobre a importancia de loitar tod@s xunt@s na defensa dos dereitos humanos e da paz.

7/12/15

Visita da agrupación folclórica Breogán

Seguindo o nome do noso proxecto "Sons de Galiza", tivemos a pasada semana unha visita no centro que nos trouxo de primeira man o baile tradicional galego. O grupo Breogán de Moaña  contounos a historia do seu grupo e deunos unhas clases prácticas Parece que o fixemos bastante ben.