22/3/24

UN BARCO NO QUE CABEN TOD@S. 2 DE ABRIL . DÍA MUNDIAL DA CONCIENCIACION DO AUTISMO.

"Un barco no que caben tod@s" é o título da instalación artística que realizamos no colexio de Seara polo Día Mundial da Concienciación sobre o Autismo e que podedes ver nos Xardíns do Concello. O alumnado de sexto curso foi o encargado de realizala e quedoulles espectacular. No resto das aulas realizamos xogos para desenvolver a empatía, a confianza e a capacidade de poñerse no lugar do outro, para favorecer o desenvolvemento da intelixencia emocional e as habilidades sociais, así como desenvolver a escoita activa e a comunicación.

Aquí podedes ver o vídeo coas fotos do desenvolvemento das actividades e coa emotiva canción que as rapazas de 5º curso cantan ao final.

17/3/24

OBRADOIROS DE FAUNA E FLORA MARIÑA

 Seguimos a profundizar no coñecemento da ría de Vigo.

           

            

14/3/24

CARTAS DENDE A RÍA

Felices hoxe cando  chegaron novas cartas dende o cole de Sober (Lugo).


8/3/24

NORDÉS 8M

Polo Día da Muller agasallámosvos con esta canción que ten unha mensaxe apoderadora e de moita forza.

 

6/3/24

8 DE MARZO DÍA DA MULLER

As rapazas de quinto cantan a capela o comezo da canción Nordés, expresando a pura esencia da música galega  e da identidade das mulleres que cantan con toda a súa forza.

              

3/3/24

PRIMEIRO PREMIO DE CARTEIS POLA IGUALDADE

O alumnado de 1º curso  de Primaria gañou o 1º premio do concurso de carteis escolares e lemas polo 8M, o Día Internacional da Muller, convocado pola Secretaría de Igualdade da Xunta de Galicia. Noraboa!

Pinchando na foto podedes ir a nota de prensa da Xunta.