Na clase de segundo tiveron a sorte de compartir este día con Gema, a mamá de Simón e Iago. Gema forma parte do control de calidade dunha empresa de conservas, un dos sectores máis característicos da nosa comunidade. Así pois, puideron aprender moitas cousas sobre as conservas, os beneficios das mesmas e o seu proceso de elaboración e tamén facerlle moitas preguntas interesantes sobre o seu traballo.
Moitas grazas Gema por compartir con nós este día!
No hay comentarios:
Publicar un comentario