31/1/16

DÍA DA PAZ EN SEARA

O venres celebramos o Día da Paz cantando e bailando a canción "Apertas que voan", fixémolo en dúas rodas, cada unha de dous círculos concéntricos. CANTAS APERTAS DEMOS!

28/1/16

PREPARANDO O DÍA DA PAZ

Mañá celebraremos o Día da Paz (xa que o día 30 é sábado). Farémolo cun acto no que todo o alumnado de Seara cantará e bailará a canción "Apertas que voan" de Paco Nogueiras.
Abaixo tedes a canción cun fermoso vídeo

18/1/16

LETRAS DE NADAL

No Nadal propuxemos unha serie de lecturas para o alumnado que expusemos na biblioteca.
Tamén se traballou en cada aula unha panxoliña tradicional, fixándonos nas diferentes temáticas que trataban. E por fin, o último día do trimestre, as interpretamos no ximnasio. Somos uns artistas!

Letras de nadal on PhotoPeach