30/11/17

NOVEMBRO: MES DA CIENCIA

Este é o gran mural que preparamos polo Mes da Ciencia.
Nel facemos partícipes aos compañeiros doutras clases dalgúns dos experimentos que cada curso está realizando na súa aula.
Ademais decidimos realizar alfabetos relacionados con algún tema científico.
Tamén expusemos os moitos traballos feitos para preparar a visita do científico Miquel Planas e o visionado do seu documental.


27/11/17

TARDES DE CONTO

Todas as tardes tedes a biblioteca aberta, pero algunhas tardes son especiais... son tardes de contos. Neste caso os contacontos foron alumnos e alumnas de cuarto e quinto:


17/11/17

A LENDA DA POZA DA MOURA

O alumnado de Cuarto cóntanos neste vídeo a lenda da Poza da Moura a través dos seus debuxos:

5/11/17

SAMAÍN 2017 EN SEARA

Este ano ademais da exposición de libros de medo e dos corredores adornados coas cabazas, saímos ao patio para cantar e bailar a canción de Magín Blanco "Que medo me da!" que fala de todos os lugares mágicos do Morrazo, e a partir da cal investigamos as lendas de medo da zona. Aquí tedes un pequeno resumo do día: