29/2/24

COMO FUNCIONA A NOSA BIBLIOTECA?

 Os axudantes da biblio de Seara fan sempre un bo traballo. Martín,  axudante de sexto curso, fixo esta presentación para explicar como funciona a biblioteca. Deixouno moi claro, grazas Martín!

28/2/24

FOTÓGRAFO MARIÑO

         O alumnado de 4º, 5º e 6º de Educación Primaria tiveron a sorte de asistir a unha charla con Jorge Hernández  Urcera (biólogo e especialista en fotografía mariña do CSIC). Moitísimas grazas por compartir o teu tempo e coñecemento connosco!   

                 

27/2/24

DÍA DA MULLER

O alumnado de primeiro curso realizou un cartel con diferentes técnicas co lema "Remando cara á igualdade". Este cartel forma parte do traballo relacionado co Día Internacional da Muller.

23/2/24

XARDÍNS DE ROSALÍA

No Día de Rosalía desexamos que, ao igual que estas plantas, floreza en nós o gusto pola poesía e a lingua.

19/2/24

BIOPOEMA DE ROSALÍA DE CASTRO

Descubrindo esta biografía poemada de ROSALÍA para celebrar o seu día. 

 

                  O alumnado de 5º de Educación Infantil narrou tamén o Biopoema de Rosalía.

 


17/2/24

ENTROIDO SEARALGAS

 A pesares da chuvia pasamos un marabilloso día de ENTROIDO, murgas, filloas, testamento e moitas gargalladas.

                

15/2/24

RESPECTO

 O alumnado de quinto e sexto reflexiona sobre esa palabra esencial O RESPECTO.