27/11/21

NOVIDADES NA BIBLIOTECA

 A nosa biblio está chea de moitos libros novos, animádevos a descubrilos!

25-N


Co obxectivo de fomentar a igualdade, conmmemoramos o 25 N creando novos personaxes e as nosas propias historias para tentar romper os estereotipos de xénero presentes nos contos clásicos.




 




 



Reinventamos os contos clásicos

26/11/21

NO MES DA CIENCIA ESTUDAMOS O POLBO

A rapazada de primeiro curso recibiu a visita de Carlos Veiga, un mariñeiro de baixura que, entre outras especies, se adica a pesca do polbo. Explicoulles moitas cousas sobre o seu traballo, no que tamén utiliza a ciencia, e mostroulles as nasas e incluso un polbo. 
Ademais os pequechos aproveitaron para entrevistalo en Radio Seara.


23/11/21

GALEGAS NA CIENCIA

 O Concello de Moaña agasallounos con dous exemplares do libro "GALEGAS NA CIENCIA".

PLENO INFANTIL DO CONCELLO DE MOAÑA COS ODS COMO PROTAGONISTAS

No Pleno Municipal Infantil o alumnado de quinto presentou as súas  propostas perante a alcaldesa e os concelleiros. Como non poidemos acudir todos ao concello, estivemos atentos dende o cole por se quedaba algo no tinteiro. Aquí abaixo tedes un par de fotiños e a ligazón á páxina do concello para ver o vídeo do pleno.

Se queremos facer deste mundo un lugar mellor temos que comezar polo que nós podemos facer!

Deixamos aquí a ligazón para ver o vídeo.


21/11/21

CUARTO PUBLICITA OS DEREITOS DA INFANCIA

Aquí tedes outro programa de radio relacionado cos Dereitos das Nenas e Nenos feito polo alumnado de cuarto curso.

 

20/11/21

RECOMENDACIÓNS LECTORAS PARA O 25 DE NOVEMBRO

Estas son as recomendacións lectoras do Consorcio Editorial Galego para traballar o 25-N , Día internacional da eliminación da violencia contra as mulleres. Moitos deses titulos están na biblioteca e os que quedan pronto o estarán. 

DEREITOS DA INFANCIA

O 20 de novembro celébrase en todo o mundo o Día Universal do Neno e se conmemoran os Dereitos da Infancia. Trátase dunha data moi importante, pero este curso cobra aínda máis relevancia porque se atopa estreitamente vinculada co noso proxecto anual. Abaixo tedes unha mostra dalgúns dos traballos realizados. 





19/11/21

FALADOIRO SOBRE OS DEREITOS DOS NENOS E NENAS

 As nenas e nenos de cuarto curso buscaron información sobre o 20 de novembro, Día Dos Dereitos da Infancia. Abaixo podedes escoitalos en Radio Seara

15/11/21

Mes da ciencia en galego

 

Ao longo do mes novembro, realizáronse diversas actividades nas aulas para conmemorar o mes da ciencia.

Este texto do científico Ángel Carracedo resultou moi interesante para ler e debatir co alumnado.


Ademais tamén se realizaron experimentos e a exposición de traballos de investigación.










12/11/21

QUINTO ENTREVISTA AO CASTAÑEIRO

 Os rapaces de quinto curso aproveitaron a celebración do Magosto para entrevistar ao castañeiro en Radio Seara. A verdade é que lle fixeron moitas preguntas interesantes.

MAGOSTO


6/11/21

PESADELOS DE SAMAÍN EN CUARTO

 A rapazada de cuarto curso foi a Radio Seara a contar os seus pesadelos de Samaín



5/11/21

Rechouchíos

 Nova programación dos rechouchíos que enche todas as semanas ata o Nadal

2/11/21

HISTORIAS DE SAMAÍN DE 5º e 6º

 Os nenos e nenas de 5º e 6º curso fixeron unhas historias terroríficas. Esperamos que vos gusten.



Programación Rechouchíos

 Xa está aquí a programación dos Rechouchíos para novembro e decembro!!!



1/11/21

Samaín 2021

Vaia semana de Samaín! Cantas cousas fixemos!


Recuperamos a decoración terrorífica coa tradicional exposición de cabazas decoradas.
Ademais organizáronse uns obradoiros moi divertidos para decorar os corredores.



En Educación Infantil están feitos uns artistas



Grazas ás familias por estes contacontos onde aprendemos moitas cousas sobre a tradición do Samaín.