25/4/18

DÍA DO LIBRO: OS CONTOS E A CIENCIA

O 23 de abril inauguramos na nosa biblioteca a exposición "Os Contos e a Ciencia". Nela podemos ver o traballo realizado nas distintas aulas e a íntima relación que hai entre a Literatura e a Ciencia.
O alumnado de tres anos chegou ao mundo dos sentidos a través do conto de "Carapuchiña vermella". Os nenos e nenas de catro e cinco anos traballaron as cores, as súas mesturas e a importancia da cor branca a través de dous  libros: "Cores" de Hervé Tullete e "O branco non pinta" de Antía Otero e María Brenn.
En primeiro curso, e a través dos libros de Eric Carle, aprenderon sobre os artrópodos. En segundo, co libro de "Alicia no país das marabillas", as proporcións.
En terceiro, descubriron "Pinocho" e a súa relación cos autómatas, os robots e o libro "Fred Quincalla" de Teresa González Costa. En cuarto, con "O Principiño" aprenderon cousas dos planetas, as plantas e as flores, a migración das aves e a imaxinación.
O alumnado de quinto con "Peter Pan" investigou entre outras cousas sobre o volume, a masa e a razón pola que Peter Pan podía voar. E en sexto sorprendéronse ao descubrir como Xulio Verne foi un adiantado ao seu tempo e a moitos descubrimentos científicos.
E tampouco podemos esquecer a espectacular nave que nos fixo a profe Jeny e onde expusemos todos os libros relacionados co sistema solar e o universo.
Non vos perdades as fotos e noraboa a todos polo voso traballo!

20/4/18

CHARLA DA CIENTÍFICA Mª HELENA RODRÍGUEZ SOBRE OS PARASITOS

O venres 20 de abril recibimos en Seara a visita de Mª Helena Rodríguez Domínguez, que é cientifica no Instituto de Investigacións Mariñas do CSIC, e é tamén tía de Ada. A súa charla sobre "Os Parásitos. Curioso xeito de vivir xuntos" foi do máis interesante e os alumnos de 4º, 5º e 6º aproveitarona moito. Moitas grazas, Helena.

              

17/4/18

TERESA GONZÁLEZ E "FRED QUINCALLA, O NÓMADE DO MAR"

A escritora  Teresa González faloulle aos alumnos de terceiro e cuarto sobre o seu último libro "Fred Quincalla, o nómade do mar". Estivo encantada cos traballos que fixeron os nenos e contoulles como se lle ocurriu a idea do libro. Ademais quedou abraiada da relación que os nenos de terceiro atoparon  co libro de "Pinocho", porque ela tamén vía esa relación.