26/2/15

ANIMACIÓN PARA A LECTURA

Eloy elexiu un conto moi sinxelo con pequenas instrucións e 
para animar a súa lectura trouxo da súa casa distintos obxectos 
que lle axudaron na súa escenificación. 
Os cativos estaban entusiasmados!

APADRIÑAMENTO LECTOR POLO DÍA DA PAZ

Os alumnos/as de 5º e 6º de Primaria elexiron un conto cada un para lerlles aos nenos de Infantil. Os pequenos estiveron moi atentos e os maiores comentaron que lles resultara unha actividade moi motivadora.

SEGUNDO E A MILGRANDA


Os nenos e nenas de segundo investigamos sobre unha 
froita do outono pouco coñecida como é a GRANADA. 
O primeiro que aprendemos foi que en galego 
tamén se chama cunha palabra moi fermosa: MILGRANDA.
         Lemos un  conto e cada un ilustrou a parte 
que máis lle gustou, 
ademais buscamos información sobre a milgranda  e 
fixemos en grupos uns muráis.
Tamén lemos un precioso poema sobre a granada 
titulado"Granada madura" (pincha no título para lelo) 
e despois nos animamos a facer de poetas e escribir nós os nosos poemas:

Presentación de diapositivas: Poemas sobre la granada - Diapositivas

Enlace para ver os murais realizados coa información
recopilada sobre as milgrandas:
MURAIS MILGRANDAS

22/2/15

ANTOLOXÍA DA MANDARINA


O alumnado de 3º de Primaria escribe fermosos poemas sobra a mandarina. E tamén vos recomenda un precioso conto que lles gustou moito: "La bella mandarina"

http://cdn16.hiberus.com/photo/25983/libro-album-ilustrado-castellano_25983_3.jpg