31/5/21

Itinerarios lectores 5ºB: A señorita Bubble

 O alumnado de 5ºB está inmerso na lectura da Señorita Bubble de Ledicia Costas. Gustoulles tanto a historia desta fantástica inventora que crearon un mural para a súa clase con todo tipo de detalles que aparecen no conto. O resultado non podía ser máis chulo! 

Parabéns rapaces/as!!












Contacontos en infantil

Hoxe, o alumnado de Infantil tivo unha visita moi especial: a contacontos Uxía que lles narrou a historia dun mundo de persoas redondas e como o Deus grego Zeus corta a cada individuo de forma diferentes, facendo fincapé nas relacións das persoas a pesar das súas diferenzas. 
 



Moitas grazas ao Concello de Moaña, xa que foi o encargado de organizar esta sesión para os nosos pequechos e pequechas!.
 

27/5/21

ENCONTRO LECTOR CON ANTÍA YÁÑEZ

Hoxe, o alumnado de 5º A tivo a posibilidade de coñecer a Antía Yáñez, a autora do libro que estiveron lendo durante este curso como itinerario lector. Así, Antía puido compartir con todos eles unha sesión na que falaron do proceso de elaboración de "Plan de rescate", intercambiaron opinións sobre os personaxes e souberon un pouquiño máis da escritora. 




Moitas grazas Antía!

Os Bolechas en Lingua de Signos

Aquí vos deixamos a guía didáctica: Os Bolechas. A lingua de signos. Esta guía foi creada coa finalidade de explicar a todos os nenos e nenas galegos que é a lingua de signos e a aprenderlles algúns signos básicos que permitan un achegamento maior á comunidade de persoas xordas. 

 

Os capítulos da coñecida serie dos Bolechas están desde hoxe no Portal da Lingua Galega con subtítulos en lingua de signos para resultaren accesibles a persoas xordas ou con discapacidade auditiva.

Así, avánzase un pasiño máis nunha das principais demandas das persoas con discapacidade, que reclaman accesibilidade aos medios audiovisuais. Algo especialmente importante na infancia para alcanzar os obxectivos de calidade de vida e de plena igualdade de oportunidades.

Desde hoxe todos os nenos e nenas poden gozar da súa serie favorita e aprender coas aventuras de Carlos, Pili, Loli, Braulio, Sonia, Tatá e Chispa.

https://www.lingua.gal/recursos/para-medrar-en-galego/_/promovelo/contido_597/bolechas-lingua-signos

 

24/5/21

AVENTUREIRAS INTRÉPIDAS: NELLY BLY

 Xa temos unha segunda entrega do programa "Aventureiras intrépidas"!! Desta volta o alumnado de 3º centrouse nunha muller cunha traxectoria moi interesante: a xornalista e aventureira Nelly Bly. 

Xa veredes que interesante é o programa de hoxe! Xa vos aviso de que ides quedar engaiolados co programa ata o final!!

AS FAMILIAS TAMÉN CONTAN!!

Co galo do Día do Libro, as familias da clase do mandilón vermello de infantil viñeron diferentes días a contarlle aos pequechos e pequechas contos. Pasárono xenial con todas as historias que lles contaron!! Aquí tedes un resumo desta experiencia tan chula que tiveron!! 



Moitas grazas familias!!

20/5/21

Novo programa de Rechouchíos para maio e xuño

Xa temos nova programación dos Rechouchíos para maio e xuño 2021, que empeza este venres cun contacontos teatralizado sobre Xela Arias. Todas as actividades son ao aire libre, aínda que se vai mal tempo, trasládanse ao auditorio do Centro Sociocultural Daniel Castelao, pero cunha capacidade bastante reducida, xa que as normas de hixiene e prevención por mor do coronavirus só permiten neste momento unha capacidade do 30% do local: 45 persoas.






17/5/21

FELIZ DÍA DAS LETRAS GALEGAS!

 

Con este precioso barco, que parte da silueta do casco do Rainbow Warrior e e nas súas velas ondean as palabras "Ándanme as mans sempre facendo praias imposibles" queremos rendir homenaxe á Xela Arias, porque ademais de escritora, poetisa e tradutora, Xela foi unha persoa que defendeu a paz, se comprometeu coa igualdade entre homes e mulleres e tamén co medio ambiente, ao igual que o camiño que nós estamos seguindo dende aquí co noso PDI.


16/5/21

XELA ARIAS

Para descubrir a beleza da nosa lingua nada mellor que coñecer aos clásicos da literatura, nesta faceta como en moitas outras XELA marcou un camiño coas pegadas dun XABARIN.



14/5/21

OBRADOIRO DE DANZA TRADICIONAL GALEGA

O alumnado de sexto recibiu un obradoiro de danza tradicional galega da man de Artur Puga (curmán de Tomé). Logo de realizar a actividade o alumnado aproveitou para entrevistalo na radio e así poder saber máis cousas sobre el e sobre a nosa cultura musical. 



13/5/21

Fálame que te sinto

O alumnado de quinto e de sexto participou no concurso de narracións en galego: Fálame que te sinto organizado polo CEP Plurilingüe de Riomaior en Vilaboa e no que participan diferentes centros da contorna (Vilaboa, Moaña, Cangas, Bueu, Marín...)

O alumnado, individualmente ou en grupos de ata 6 persoas gravaron en vídeo os relatos de creación propia para a súa participación no concurso. Aquí podedes ver as creacións que chegaron a fase final do concurso.







12/5/21

FRACCIÓNS COS ESCORNABOTS

 O Alumnado de terceiro aproveitou as súas sesións semanais á biblioteca para practicar as fraccións cos escornabots. Sen dúbida así a súa aprendizaxe resulta moito máis divertida. 









11/5/21

O ODS 15 POLO ALUMNADO DE TERCEIRO

O alumnado de terceiro estivo traballando sobre o Obxectivo 15 da Axenda 2030: "Vida de ecosistemas terrestres"

Por un lado averiguaron cales son as distintas formas de contaminación ás que se enfrontan os hábitats terrestres e os animais que habitan neles, e por outro lado investigaron cales son as posibles solucións que pode haber para estes problemas. 

A continuación podedes ver todos os seus traballos que están actualmente expostos no corredor do primeiro piso.

 

 Moi bo traballo rapaces/as!! Noraboa! 

 



10/5/21

RITMOS E ESCORNABOTS

 Esta semana na aula de música os maiores do cole estiveron traballando os ritmos cos escornabots. Así, en equipos de tres persoas e con instrumentos de percusión indeterminada, un grupo tocaba un ritmo dos que había no modelo e outro equipo tiña que colocar o escornabot naquela casa correspondente. 

Foi unha maneira moi divertida de traballar este contido da materia. 






LUCÍA E CARLA CONTAN EN INFANTIL E EN PRIMEIRO

Carla e Lucía de 5º B animáronse a contarlles aos máis pequechos do cole o conto "Avós" de Chema Heras empregando o kamishibai (teatro de papel). É unha maneira de contar contos moi popular en Xapón e as nosas alumnas pensaron nas aulas das súas irmás para compartir este fermoso e divertido momento. 

Grazas Carla e Lucía!







ENCONTRO LECTOR CON TERESA GONZÁLEZ COSTA

O xoves 29 de abril o alumnado de 3º e 4º de primaria tiveron un encontro virtual con Teresa González, a autora do libro "A nena, o monstro e o mar". Ambos cursos escolleron este marabilloso conto como itinerario lector. 

Pasaron unha sesión moi entretida e agradable na que aproveitaron para facerlle un montón de preguntas á autora e saber máis da historia que os tivo enganchados diariamente na hora de ler. 

 Moitas grazas Teresa, por compartir con nós ese bocadiño tan bo!








8/5/21

Exposición: "Os Bolechas e a diabetes"

Animámosvos a visitar esta exposición que terá lugar do día 7 ao 21 de maio na Casa da Mocidade de Moaña. Nela, os Bolechas nos darán información sobre a Diabetes Tipo I


ECO-RETO DO MES DE MAIO

 Velaquí está o Eco-reto do mes de maio!

Abride moito os ollos e observade con atención, pois o cole está cheo de vida e emoción!

3/5/21

ITINERARIO LECTOR 3º

 Na clase de 3º este curso están inmersos na lectura do libro "A nena, o monstro e o mar" de Teresa González Costa. Gustoulles tanto que fixeron un recuncho na entrada da aula cun montón de traballos manuais que fan alusión á súa personaxe principal e aos escenarios que foron recorrendo ao longo da lectura do conto. 









AVENTUREIRAS INTRÉPIDAS: WANGARI MAATHAI

Despois de realizar o obradoiro "Aventureiras intrépidas" con Charo Pita, o alumnado de 3º seguiu investigando sobre as mulleres valentes que se atreveron a romper moldes e cambiar a historia. 
Desta volta, achégannos dende a radio a interesante historia de Wangari Maathai. 

Quedades a escoitala? É moi interesante e seguro que vos encanta saber a cantidade de cousas importantes que fixo por África e tamén polo noso planeta. 

RETOS LEGO

Unha das novidades que ofreceu este curso a biblioteca ao noso alumnado foi a creación do recuncho argalleiro. Alí, nas súas sesións semanais crean, investigan, xogan... e tamén atopan retos para levar a cabo cos legos, pois é un dos xogos máis demandado e utilizado na biblio.