27/6/18

COMEZAN AS VACACIÓNS!

Xa estamos de vacacións e dende a biblioteca queremos desexarvos que gocedes moito delas: é tempo de praia, de xogos, de pasar tempo con familia e amigos, de comer xeados... e de libros . O verán é tempo de gozar dos libros e contos, non vos esquezades porque "para viaxar non hai mellor nave ca un libro".


26/6/18

MORRE O ESCRITOR XAVIER P. DOCAMPO

Hoxe faleceu un dos referentes en literatura infantil e xuvenil galega, Xavier P. Docampo. Gañador de multitude de premios, entre eles o Premio Nacional de Literatura Infantil, foi mestre, escritor, guionista, actor e promotor da lingua e cultura galega.
Na nosa biblioteca contamos con infinidade dos seus libros: O misterio das badaladas, Bolboretas, A nena de Auga e o príncipe de lume, O armario novo de Rubén, De cores e de amores, O país durminte, etc. Non deixedes de gozar deles!


6/6/18

REPORTAXE SOBRE A EXPOSICIÓN "OS CONTOS E A CIENCIA"

Os rapaces de sexto gravaron esta reportaxe sobre a nosa exposición da biblioteca para colaborar co Concello na posta en marcha da Televisión Escolar de Moaña.

MARÍA CANOSA EN SEARA

O martes tivemos a visita da escritora María Canosa que falou co alumnado de sexto do seu libro "Muriel", que o os nenos/as leron este curso.