25/3/15

LONGA NOITE DE PEDRA

Poema de Celso Emilio Ferreiro "Longa Noite de Pedra"- Grupo de rock Astarot

VISITA MUSICAL NA BIBLIO


Os pais dun alumno de infantil tocaron para nós e inventaron un ritmo introducindo as comidas para unirse ao noso proxecto do centro, mirade como disfrutaron os pequenos.

SEGUNDO RECITA A ROSALÍA

Os rapaces e rapazas de segundo curso memorizaron o poema 
"Adios, ríos; adios, fontes" de Rosalía de Castro. 
Aquí tedes unha pequena mostra do ben que o recitan

21/3/15

OS POEMAS QUE CHEGARON DAS CASAS

Como podedes ver os nosos corredores enchéronse de poesía. De todas as casas foron chegando os poemas que lles gustaban, que lembraban que lles gustaban.
Grazas a todas as familias pola vosa colaboración.

16/3/15

NEGRA SOMBRA

Precioso poema "Negra Sombra" de Rosalía interpretado por Luz Casal e Carlos Núñez

12/3/15

MES DA POESÍA


Outro poema que se fixo canción foi "La poesía es un arma cargada de futuro" 
de Gabriel Celaya. Paco Ibáñez púxolle a música. 
A actualidade do poema é innegable, a poesía non pasa de moda, 
a poesía é vida, a poesía é para tod@s, a poesía é sentimento, 
a poesía é compromiso, a poesía é necesaria...
Sabemos que no noso colexio temos futuros poetas e poetisas e que 
a poesía sempre terá porvir.

11/3/15

MES DA POESÍA

Estamos en marzo, no mes da poesía, das flores e da primavera.
A Seara están chegando os poemas da infancia, da lembranza, do amor...
Xa soan os ritmos da "Canción do pirata",
"Adios ríos, adiós fontes","Negra Sombra"...
O poema "O niño novo do vento", escrito por Alvaro Cunqueiro,
fíxose música da man de Luis Emilio Batallán (Pincha na foto para escoitalo))

https://www.youtube.com/watch?v=LZD2RENvOXI

10/3/15

DÍA DA MULLER

O 8 de marzo foi o Día da Muller traballadora, polo que nas clases estivemos
falando da importancia da igualdade de homes e mulleres e do
dereito da muller a desenvolverse íntegramente como persoa.
Aquí tedes uns contos relacionados co tema (clicade neles):





https://www.youtube.com/watch?v=3pHIAdW-PHs

DÍA DE ROSALÍA


O 24 de febreiro celebrouse o 178 aniversario 
do nacemento de Rosalía de Castro. 
O lema deste ano é "Eu tamén son Rosalía"
Aquí temos  o poema "Adios ríos, adios fontes" 
cantado por Amancio Prada.

9/3/15

8 MARZO DÍA DA MULLER TRABALLADORA

Traballo feito polo alumnado de 3º, velaquí as fotos dos murais e a ficha que realizaron na clase sobre mulleres ilustres:

Murais


Os de cuarto tamén participaron cun elaborado mural, botádelle unha ollada ao proceso de creación:

8/3/15

TRABALLOS SOBRE A GASTRONOMÍA, DEGUSTACIÓNS E EXPOSICIÓNS ORAIS

Co motivo do tema central do colexio: Cociñando Saberes, o alumnado de 6º elaborou uns traballos sobre a gastronomía expoñéndoos oralmente e rematando moitos deles con suculentas degustacións:
Podedes botar unha ollada ós traballos que serviron de soporte para algunhas das exposicións orais.


Aquí tedes algunhas fotos das degustación do mexillón, o tiramisú e os cupcakes:



POEMARIO DA UVA



Despois de traballar unha fábula, algúns poemas, un conto e textos expositivos que tiñan como tema principal as uvas, eleximos a poesía para xogar coa nosa creatividade.




Uvas 6º