29/5/18

O NOSO FARO DA ESCOLA

Hoxe saiu publicado o noso Faro da Escola. Xa todos temos o noso exemplar.
Noraboa a quinto e sexto polo bo traballo realizado!



25/5/18

MALETA VIAXEIRA "MIRANDO AO CEO"

De Vigo chegounos unha mochila con libros sobre o Universo e o Sistema solar. Interesantísima!


23/5/18

MAIO: MES DAS LETRAS GALEGAS III

Os nenos e nenas de 4º de Primaria escribiron en grupos unha pequena obra de teatro coa finalidade de representala no festival das Letras Galegas. Con esta actuación poñen en valor o uso da lingua galega na escritura creativa e tamén na temática científica xa que o texto reflexa o traballo realizado durante o curso dentro do proxecto común de centro " Seara Experimentes ".

22/5/18

MAIO: MES DAS LETRAS GALEGAS II

Os nenos e nenas de 2º de Primaria animan á lectura en galego representando o ben coñecido conto "Artur e Clementina " adaptando o texto ao diálogo teatral.

21/5/18

MAIO: MES DAS LETRAS GALEGAS I

Coñecemos a Mª Victoria Moreno a través dos seus contos.
En 1º de Primaria teatralizaron o conto " O Cataventos ", texto narrado a modo de fábula que nos fala das consecuencias dun comportamento autoritario e prepotente.
En 3º de Primaria representaron unha adaptación teatral do conto "A festa no faiado ". Este texto fálanos da amizade dunha boneca e dos animais que a visitan no faiado da casa que habita, propiedade dun matrimonio un tanto particular.




13/5/18

LETRAS GALEGAS: Mª VICTORIA MORENO

Este ano o Día das Letras Galegas adícase á escritora Mª Victoria Moreno, quen chegou á Galiza con 22 anos e descubriu a beleza da nosa lingua. Por iso escribiu en galego multitude de libros para nenos e adolescentes. Na nosa biblioteca podedes atopar moitos deles.


7/5/18

MALETA "A VIDA DAS PLANTAS"

Gozando da maleta viaxeira "A vida das plantas"


2/5/18

ANTONIO GARCÍA TEIJEIRO EN SEARA

O 30 de abril o alumnado de terceiro e cuarto tivo a sorte de contar coa visita do poeta Antonio García Teijeiro, Premio Nacional de Literatura Infantil e Xuvenil no 2017 polo seu libro "Poemar o mar", o primeiro libro de poemas que forma parte do itinerario lector da nosa biblioteca e que nos serviu de grande inspiración no mes da poesía.