28/1/22

26/1/22

"SOMOS COMA AS CORES DO ARCO DA VELLA"

O alumnado de Infantil e Primaria aprendeu sobre diversidade a través do xogo e do diálogo, para o que contamos coa colaboración da Asociación Nós Mesmas. Foron diferentes actividades, aquí tedes algunhas fotiños do proceso e dos resultados finais


















21/1/22

FORMACIÓN EN CUARTO CON RADIO ESPORA

Hoxe  a rapazada de cuarto tivo unha formación moi interesante sobre radio que correu a cargo de Denís, integrante de Radio Espora.

Despois dunha sesión explicativa na clase foron por grupos a Radio Seara, a gravar os guións sobre os diferentes vertebrados que prepararon e, sobre todo, a aprender como se manexa a nosa radio.

Aquí tedes os podcats sobre os animais vertebrados que gravaron, e máis abaixo algunhas fotiños.


 










20/1/22

OBRADOIRO EN QUINTO CON RADIO ESPORA

 O alumnado de 5º realizou un obradoiro de radio grazas a Radio Espora coa finalidade de que sexan capaces de guionizar, gravar e publicar os seus propios programas.







CARANVEXORNAL DO 20 DE XANEIRO


17/1/22

ANUNCIOS RADIOFÓNICOS

  A publicidade na radio é moi distinta da da televisión. En pouco tempo, e sen utilizar imaxes, os anuncios deben captar a atención dos oíntes. O alumnado de cuarto curso non o fixo nada mal con estes anuncios radiofónicos de produtos inventados por eles.

14/1/22

BENVIDO INVERNO

O alumnado de terceiro de educación primaria dalle a benvida ao Inverno con este poema de Antonio García Teijeiro.