31/10/18

SAMAÍN EN SEARA

Un ano máis as terroríficas cabazas encheron os corredores... Que medo!

29/10/18

LIBROS DE MEDO NA BIBLIOTECA

Son tantos os libros de medo que temos na nosa biblioteca que non cabían todos na exposición, así que preparamos a pequena presentación que tedes abaixo... Xa sabedes, están todos na biblioteca!


   

26/10/18

MOCHILAS VIAXEIRAS EN MARCHA!

Algúns dos nosos axudantes de biblioteca repartiron polas aulas as mochilas viaxeiras deste curso. Que ledicia a da maioría ao recibilas!

24/10/18

24 DE OUTUBRO. DÍA DAS BIBLIOTECAS ESCOLARES

Con motivo do Día das Bibliotecas Escolares pedímoslle a nenos e nenas de todos os cursos que nos falaran da biblioteca do cole e dos libros que lles gustan. Abaixo tedes os vídeos, dende os maiores aos máis pequenos.




8/10/18

ABRE A BIBLIOTECA!

Por fin chegou o 1 de outubro! E a nosa biblioteca abriu de novo as súas portas! Como acto de inauguración expusemos no corredor os debuxos que todo o alumnado fixo sobre o seu programa favorito de televisión, o medio de comunicación sobre o que todos tiñan algo que dicir. Abaixo tedes unha pequena mostra, pero no corredor podedes velos todos.



1/10/18

OS NOVOS LECTORES DE SEARA

Os novos lectores de Seara xa teñen os carnés para poder descubrir e gozar de tódolos libros da nosa biblioteca.