20/12/22

GUÍAS DE LECTURA DOS EQUIPOS DE DINAMIZACIÓN LINGÜÍSTICA DO MORRAZO

Un ano máis facémosvos chegar as recomendacións lectoras que realizan os equipos de Dinamización Lingüística da contorna. Hai moitos libros interesantes para engadir á vosa lista de desexos de Nadal. Tomade nota! 



O ilustrador do cartel é Joshua XanBreo, propietario dunha tenda de cómics e dun aula creativa na que da clases de debuxo, pintura, cómic e ilustración para maiores é nenos. Aquí tedes o enlace:

5/12/22

Searín Informa - DECEMBRO

 Xa están aquí as novidades de Decembro! Pasádevos pola biblio para consultalas!





As normas da Biblioteca



 

1/12/22

30/11/22

COLLAGES DE NOVEMBRO

 Os collages do reto artístico de novembro decoran xa as escaleiras. Sodes uns verdadeiros artistas!


25/11/22

25 DE NOVEMBRO: DÍA CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO

Un ano máis debemos falar de igualdade e violencia de xénero con motivo do 25 de novembro. Abaixo tedes unha mostra dalgunhas das actividades realizadas, gustaríanos destacar a proposta que fixemos dende a Biblioteca para que en Primaria se traballase o tema a partir do libro "As mulleres que cultivaban néboas" de Bea Gregores.


22/11/22

20 ANOS DA CATÁSTROFE DO PRESTIGE

Este novembro cúmprense 20 anos do desastre do Prestige, que provocou a peor catástrofe ecolóxica da historia de España: unha marea negra que afectou especialmente á costa galega.

14/11/22

MAGOSTO EN SEARA

Xogos populares e castañas polo San Martiño! Que ben o pasamos! E que ricas estaban!

9/11/22

BOMBEIROS FORESTAIS EN SEARA

En Seara tivemos unha visita moi especial: a de Xosé e o seu equipo de bombeiros forestais e axentes facultativos ambientais. Viñeron ao noso cole a falarnos  do seu arriscado traballo, dos perigos do lume e de como previr os incendios forestais. Esta actividade está enmarcada dentro do PLADIGA (Plan de defensa contra incendios forestais de Galicia)

7/11/22

UNHA CHEA DE EMOCIÓNS MONSTRUOSAS!

 Aproveitando que o Samaín dedicámolo aos monstros, chegaron a clase unha chea deles. Xogamos e clasificámolos, xa que había monstros tristes, alegres, enfadados e ata algún namorado.

6/11/22

O BERRO: ARTE E EMOCIÓN

No proxecto de Expresarte non podiamos deixar de falar de "O berro" de Munch, un cadro onde se mesturan claramente as emocións e o arte. Polo Samaín todo o alumnado posou no photocall que fixemos para a entrada do colexio.

3/11/22

SAMAÍN EN SEARA

Neste Samaín ademais de cabazas espectaculares e disfraces terroríficos houbo obradoiros de monstros  para decorar os corredores, cancións monstruosas (que podedes ver no segundo video), recreacións de O Berro de Munch, monstros de Borktus Leer feitos polos máis pequenos e contacontos de profesores e de alumnos (estes últimos escribiron os seus propios Contos de Medo).

E como non nos gusta nada ter medos, desfixemos deles na SuperCabaza de Seara.

1/11/22

Reto EXPRESARTE de novembro - Collage

 

Trae o teu cadro ao cole para participar na nosa exposición de collages!

30/10/22

FOTOS DE OUTONO

 Preciosas as fotos de outono  que fixestes! Noraboa!

26/10/22

LIBROS SOLIDARIOS

Decidimos celebrar o Mercadillo de Libros Solidarios o 24 de outubro, Día das Bibliotecas Escolares. Foi todo un éxito e ata a prensa se fixo eco desta iniciativa. 

Moitas grazas a todos pola cosa colaboración!


21/10/22

VISITA PROTECTORA DO MORRAZO

Voluntarias da Protectora de Animais do Morrazo visitáronnos con dous canciños. Foron unhas charlas moi interesantes nas que nos explicaron a súa labor e como podemos axudarlles.


20/10/22

RADIOEMOCIÓN EN 4º

EMOCIÓNATE COA RADIO é unha proposta cultural e educativa que nace no 90 aniversario da primeira emisión da radio en Galicia. O proxecto leva ás escolas un programa de radio profesional, e conta coa participación de máis de 30 centros de educación pública. 

En Seara foi o alumnado de cuarto o encargado de realizar o programa onde participaron entre outros  a alcaldesa Ledicia Santos e o gaiteiro Xosé Manuel Budiño. Pinchando na foto ou no enlace podedes ir á páxina de Radio Emoción e escoitar o programa. Abaixo tedes tamén unhas fotiños e videos do proceso de gravación.



17/10/22

ECO-RETO DO TRIMESTRE

 Este trimestre encargarémonos por cursos de descubrir, coidar e coñecer diferentes plantas de interior.

15/10/22

CONTOS E EMOCIÓNS: GARAVANCIÑO

En segundo están traballando as emocións a través dos contos. Con Garavanciño déronse conta do importante que é coñecerse  e confiar nun mesmo.

12/10/22

CHEGARON A SANTIAGO!

Tras moito sufrimento e diversión o alumnado de Sexto chegou a Santiago!


11/10/22

SORRISOS EN INFANTIL

No Día Mundial do Sorriso a profe Elisa sacou, imprimiu e recortou fotos dos seus alumnos de Infantil. Despois repartiulle a cada neno un sorriso, procurando que non lle tocara o seu. Xogaron a poñerse os distintos sorrisos e a adiviñar de quen era cada un. Despois colocáronno na cara correspondente. Falaron de por que lles gusta sorrir, por que sorrín e como se senten ao facelo. Despois gardaron os sorrisos nun bote para que cando alguén estea triste ou enfadado agasallalo cun sorriso.




10/10/22

O MEU SORRISO FAVORITO

Despois da visita de Luz Beloso, ilustradora de "O poder máxico do sorriso" escrito por Thalía Troitiño González, as nenas e nenos de 2º curso animáronse a escribir sobre o seu sorriso favorito e contárnolo en Radio Seara.

9/10/22

CADEA DE RETRATOS CON SORRISOS

As nenas e nenos do primeiro e segundo expuxeron no corredor do primeiro andar os RETRATOS CON SORRISOS que fixeron no obradoiro de LUZ BELOSO.

7/10/22

Feliz día do SORRISO :)

Cando sentimos a LEDICIA, unha das nosas emocións favoritos, SORRIMOS... 
Usamos as tablets do cole para facernos fotos e "tunealas", para que así fosen aínda máis alegres. O corredor do primeiro andar é unha festa con tanto sorriso.
 


ASÍ SORRIMOS EN SEARA:

6/10/22

OBRADOIROS DE ILUSTRACIÓN CON LUZ BELOSO

Con motivo do Día do Sorriso tivemos a sorte de contar coa visita da profesora e ilustradora Luz Beloso. Son moitos os libros ilustrados por ela que temos na biblioteca, e o último, "O poder máxico do sorriso" de Talía Troitiño González, lémolo en todas as aulas e encantounos.

Así que convencemos a Luz para que viñese falarnos do seu traballo neste libro, e ela fixo dous obradoiros fascinantes de ilustración: un para a rapazada de 1º e 2º de primaria, e outro para o alumnado de 3º e 4º de primaria. Moitas grazas, Luz, polo teu marabilloso traballo e polo teu tempo!

4/10/22

PREPARANDO O CAMIÑO

 Os nenos e nenas de sexto van facer un pequeno tramo do Camiño de Santiago, polo que están informándose, preparándose e aprendendo. Ademais dun mural prepararon un folleto explicativo, unha credencial do peregrino e unha compostela.





1/10/22

Reto EXPRESARTE de outubro - Fotografía


 Podes traer a foto ao cole impresa ou enviala por correo. Faremos unha exposición con todas as fotografías! 

30/9/22

DENDE A MIÑA FIESTRA

O cole inundouse cos debuxos do que vedes dende a vosa fiestra.  Sodes uns artistas!


24/9/22

Reto EXPRESARTE de setembro - Debuxo

Non te esquezas de traer a túa obra ao cole para poder poñela na nosa exposición!

23/9/22

SEGUNDO ACUDE AO FIC BUEU

Os nenos e nenas de 2º curso asistiron ao Festival Internacional de Cinema de Bueu, onde tiveron a ocasión de ver sete curtametraxes interesantísimas. Nas aulas traballaron a orde das secuencias, resumos, gráficos e tamén falaron de como se sentiron ao ver cada unha das curtas.

Aquí tedes unha pequena presentación sobre as emocións que as pelis lles xeneraron e dúas fotiños dese día.



19/9/22

O NOSO PROXECTO: EXPRESARTE

Este ano o noso Proxecto vai sobre as EMOCIÓNS e tamén sobre como podemos expresalas a través do ARTE. 

O alumnado de sexto fixo un precioso cartel para ilustralo.

8/9/22

COMEZAMOS UN NOVO CURSO!

Searín tíñanos preparado un pequeno agasallo para cada un no primeiro día de clase. Ilusión por todas partes! 

FELIZ CURSO 2022-2023!



23/6/22

Feliz verán

Acabou un curso cheo de momentos para recordar... 
Desexámovos unhas moi felices e merecidas vacacións de verán! 
Graciñas á toda a comunidade educativa do CEIP Seara pola vosa implicación, colaboración e cariño.



14/6/22

Olimpiadas escolares

Despois de dous cursos retomamos a convivencia co resto dos centros escolares do concello nas Olimpiadas Escolares.


13/6/22

VISITA Á PRAZA DE ABASTOS DE MOAÑA

 O alumnado de primeiro de primaria visitou a praza de Abastos. Actividade incluida no programa  "Aprende Moaña" , do Concello de Moaña.


MUSEO DO MAR DE MOAÑA

O alumnado de quinto e sexto de primaria disfrutou coa a visita de dous profesionais do mundo do mar que compartiron con eles toda a súa grande sabedoría.


10/6/22

SAÍDA ÁS ILLAS CÍES

O grupo de terceiro de Educación Primaria gozou dunha visita guiada ás illas Cíes, grazas ao premio conseguido no concurso de postais pola súa compañeira  Mencía Otero.

OBRADOIRO DE ACOSO ESCOLAR EN CUARTO

Durante os días 7, 8 e 10 de xuño realizouse en cuarto curso un obradoiro sobre Convivencia e Acoso Escolar. O encargado de levalo adiante foi o Gabinete Psicolóxico Á Carón. Abaixo podedes ver fotos do traballo dos tres días. Sementamos cada día un mellor futuro para todos e todas.






9/6/22

PARTICIPACIÓN NO PLENO INFANTIL MUNICIPAL

Representantes de 4º, 5º e 6º curso participan do Pleno Infantil do 9/06/2022 sobre o Obxectivo de Desenvolvemento Sostible 3: Saúde e Benestar.  O resto dos compañeiros seguimos o pleno on line.

Clicando na primeira foto podedes ver o vídeo do Pleno na páxina de Facebook do Concello:



 

5/6/22

ANIMAIS GALEGOS

 Os nenos e nenas de 1º de Educación Primaria fixeron este libro interactivo para celebrar o día do Medio Ambiente. Ensinámosvos algún dos animais galegos máis característicos para concienciar sobre a importancia de protexer os ecosistemas galegos. 


8 DE XUÑO: DÍA MUNDIAL DOS OCÉANOS


1/6/22

Día mundial do medio ambiente

 “Unha soaTerra” foi o lema da primeira conferencia sobre o Medio Humano  celebrada en 1972 e, 50 años despois, o lema segue vixente: este planeta é o noso único fogar, é responsabilidade de todos coidalo e salvagardar os seus recursos finitos.