23/12/16

STOP MOTION FELICITANDO O NADAL



Polo Nadal fixemos felicitacións en stopmotion coa Nintendo e o programa Pic-pac



21/12/16

MÁS STOP MOTION

O alumnado de 6º B sigue experimentando co stopmotion na súa aula.




19/12/16

GUÍAS DE LECTURA PARA O NADAL

Aquí tedes as Guías de Lectura da Coordinadora de Dinamización Lingüística do Morrazo e que xa repartimos a todo o alumnado. Non esquezades pedir algún polo Nadal!









10/12/16

PERSONAXES DE NADAL

O alumnado de 6º B estivo investigando sobre personaxes de Nadal, coñecían ao Apalpador, pero descubriron outros personaxes típicos de distintas comunidades autónomas. Aquí tedes o resultado dos seus traballos de investigación.

8/12/16

O PAPAGAIO NA NOSA BIBLIOTECA

Xa temos na Biblioteca de Seara O Papagaio, un novo xornal en papel, dirixido especialmente a nenos e nenas. Chegará todos os meses (dez números ao ano, descansando no verán. Inclúe temas de actualidade e seccións de ciencia, tecnoloxía, ecoloxía, historia, arte, cultura, integración e banda deseñada.
Na Biblioteca xa temos os tres primeiros números (por duplicado). O primero número ademais de na biblio, xa está disponible na rede, podedes velo clicando na imaxe inferior.

6/12/16

Hilda

O alumnado de segundo curso coñeceu este trimestre a unha fascinante heroína da banda deseñada: HILDA.


Hilda é unha nena valente, divertida e curiosa que vive coa súa nai e a súa mascota Brizna (que é unha mestura de raposo e cervo) nunha cabaña nalgún lugar de Escandinavia. O seu creador é o británico Paul Pearson, que entrelaza aventuras, humor, respeto pola natureza, tradicións noreuropeas e fantasía nas historias de Hilda.
Hilda é polo tanto a protagonista do mural invernal que os nenos de 2º fixeron no seu corredor.

1/12/16

GARFIELD EN INGLÉS

Nas clases de inglés os rapaces de sexto traballaron con algunhas das viñetas de Garfield completándoas con debuxos e globos. Abaixo podedes ver o seu traballo, primeiro os orixinais e despois as súas produccións.

28/11/16

TIPOS DE GLOBOS

Outra das cousas que estamos aprendendo tanto os pequenos coma os maiores son os distintos tipos de bocadillos ou globos da banda deseñada:



25/11/16

25 DE NOVEMBRO

Na escola procuramos a igualdade que é o único camiño da non violencia. Este vídeo do blog "Trafegando ronseis" móstranos o poder das palabras.


Este outro pode tamén darvos moito que pensar:




19/11/16

TRABALLANDO AS EXPRESIÓNS FACIAIS NA BANDA DESEÑADA

O alumnado de segundo curso comezou traballando catro expresións faciais fundamentais á hora de debuxar banda deseñada: cara de ledicia, cara de tristura, cara de abraio e cara de medo.
Aquí vos mostran o resultado final do seu traballo:




15/11/16

TARDES NA BIBLIO

Polas tardes, de luns a xoves,  a nosa biblioteca está aberta e moi solicitada polos alumn@s. Abaixo tedes unha pequena mostra dunha tarde na Biblio de Seara:


10/11/16

MAGOSTO

Aquí tedes un resume fotográfico do magosto e das viñetas que fixeron os nen@s de 2º.

5/11/16

BANDAS DESEÑADAS DE MEDO

Polo Samaín deseñamos o comezo dunha banda deseñada: Un cadaleito aparece na biblioteca de Seara... Cada nen@ debuxou e imaxinou como remata a historia.
Os  alumnos de 6º, pola súa banda, imaxinaron as súas propias historias de medo.

1/11/16

SAMAÍN EN SEARA

O venres celebramos o Samaín. Este ano os libros de medo saíron da Biblioteca para aparecer cos calacús nos terroríficos corredores e os nen@s de quinto curso prepararon espeluznantes contos de medo que nos contaron durante o recreo. Foi un Samaín aterrador e inesquecible!

30/10/16

PREMIO NACIONAL DE BANDA DESEÑADA 2016


Pablo Auladell foi galardonado co Premio Nacional del Cómic 2016 pola súa banda deseñada "El paraíso perdido" baseada na obra de John Milton. Clicando na foto podedes ir á nova do xornal.

http://cultura.elpais.com/cultura/2016/10/27/actualidad/1477567364_043398.html

28/10/16

A PANTEIRA ROSA EN 5º CURSO

Os nen@s de 5º fixeron cómics da Panteira Rosa, pero primeiro traballaron os personaxes. Aquí tedes o resultado:
Os personaxes:


E as bandas deseñadas que debuxaron:

24/10/16

DÍA DAS BIBLIOTECAS ESCOLARES

O 24 de outubro celébrase o Día de todas as Bibliotecas. En Seara quisemos festexar este día debuxando a portada da nosa banda deseñada favorita. Aquí tedes o resultado:

21/10/16

OUTRA MALETA VIAXEIRA

Dende Vigo chegounos outra maleta chea de libros de banda deseñada. Podedes gozar dos libros na Biblio na zona de exposicións.


20/10/16

EMPEZAMOS COMA SUPERHEROES!

O alumnado de 5º de Seara comezou traballando a banda deseñada transformándose en superheroes!

19/10/16

MALETA VIAXEIRA DE BANDA DESEÑADA

Relacionada co noso proxecto anual chegounos de Santiago unha enorme maleta chea de cómics. A maleta viaxou por todas as aulas e gozamos moitísimo dos "tesouros" que contén. Entre eles unha película de anime, "Mi vecino Totoro", que estivemos vendo polas aulas.

3/10/16

E CHEGOU OUTUBRO... E ABRIU A BIBLIOTECA

O tan ansiado día chegou: A Biblioteca de Seara abriu as súas portas. Algúns personaxes  levaban días anunciando o evento polas portas e corredores: Esperaban polos lectores na nova exposición da biblio relacionada co proxecto anual de animación e banda deseñada.

2/10/16

OS NOSOS AXUDANTES DE BIBLIOTECA

Este curso voltamos contar con un bo grupo de axudantes de Biblioteca: Aquí os tedes!


29/9/16

CARNÉS PARA OS NOVOS ALUMNOS

Os novos alumnos e alumnas do cole viñeron pola Biblioteca a recoller os seus carnés. Xa estamos todos preparados para a apertura da Biblioteca!




14/9/16

EXPOSICIÓN DE ROALD DALH

Estamos en setembro e a Biblio do cole ainda non está aberta, pero unha data tan importante como o centenario do nacemento de Roald Dalh non pode pasar desapercibida, polo que puxemos unha pequena exposición dos seus libros no corredor. Ademais nas aulas gozamos dalgunhas das películas baseadas nos seus libros: "Matilda","Charlie y la fábrica de chocolate", "El Superzorro", "James y el melocotón gigante", "Las brujas", "El gran gigante bonachón"...


13/9/16

CENTENARIO DE ROALD DALH

Hoxe celébrase o centenario do nacemento de Roald Dalh, autor de marabillosos libros para nen@s e adultos. Aquí tedes uns enlaces á súa biografía.




Resultado de imagen de biografia niños roald dahl

12/9/16

COMEZA O CURSO 2016-2017

Xa de novo no cole! E Searín estaba esperándonos na porta vestido de superheroe, e é que este curso o noso proxecto está relacionado coa animación, a banda deseñada e os debuxos animados.








1/7/16

REMATAMOS O CURSO

O derradeiro día do curso  e para rematar o noso proxecto "Sons de Galiza" tivemos un concerto de Gramola Gominola solo para nós. Que marcha!

31/5/16

A GARRAFA DE MANUEL MARÍA

Andabamos estes días preguntándonos se a canción "Río Largo de Profundis" de Zeca Afonso tería relación con Manuel María, e descubrimos no Faro de Vigo que así era. Aquí tedes a canción cantada especialmente para nós por Pili, a nosa profe de Música, e a súa amiga Chiruca. Máis abaixo tedes a nova do xornal.





PRESENTACIÓN CADERNO MANUEL MARÍA

Esta semana tivemos unha visita da agrupación cultural Nós, que nos presentou o seu caderno sobre vida e obra de Manuel María. O seu autor, Manuel Méndez, falounos tamén da última visita que fixera o escritor a nosa vila para inaugurar o paseo que leva o seu nome.


23/5/16

SEARA OLLANDO AO MAR

De todos os poemas de MANUEL MARÍA  o preferido de  1º e 6º é  "GALIZA"


21/5/16

Traballando sobre Manuel María

Ademáis de decorar o pobo cos nosos poemas e debuxos sobre Manuel María, tamén no centro deixamos a nosa mostra de traballos adicados ao homenaxeado nas letras galegas deste ano.

18/5/16

MANUEL MARÍA ENCHE AS RÚAS DE MOAÑA

Esta mañá todos os alumnos e alumnas de Seara sairon para encher as rúas da nosa vila con poemas e debuxos  do homenaxeado no Día das Letras Galegas deste ano. Os máis pequenos decoraron o Paseo de Manuel María, e os de quinto e sexto achegáronse ata a contorna da Praza de Abastos para expoñer os seus traballos.

16/5/16

PAISAXE DE MANUEL MARÍA

Os rapaces e rapazas de Primeiro gozaron da poesía de Manuel María e fixeron un fermoso mural nocturno sobre "A Galiza de Manuel María"

11/5/16

OS SONS DE MANUEL MARÍA

Non podía ser doutro xeito, dentro do noso proxecto "Sons de Galiza" traballamos os poemas cantados de Manuel María.








2/5/16

Traballando sobre "Nena o mar" de Érica Esmorís.

Esta semana visítanos Érica Esmoris, para falarnos do seu libro "Nena e o mar". Para coñecer un pouco máis sobre o mundo das sereas das que nos fala no seu libro, deixamos aquí unhas presentacións feitas polo alumnado de 6º.





25/4/16

EL QUIJOTE POR 6ºEP


O alumnado de 6º finaliza a lectura de "El Quijote", dando así por rematada unha semana chea de aventuras e andanzas

LECTURA DE "EL QUIJOTE" POLO DÍA DO LIBRO

COMEZAMOS A LECTURA DE "EL QUIJOTE" CO ALUMNADO DE INFANTIL.


23/4/16

EN 1616...



EN INGLÉS, CASTELLANO E IDIOMA DE SIGNOS

ESCOITAMOS "EL QUIJOTE"


DENDE OS MÁIS PEQUENOS ATA OS MAIORES LERON "EL QUIJOTE" ANTE UN PÚBLICO DESEOSO DE COÑECER AS GRANDES AVENTURAS DO "INGENIOSO HIDALGO".

20/4/16

O COLE DE SEARA ORGULLOSO DAS SÚAS EX-ALUMNAS

As últimas semanas recibimos con ledicia as novas de que dúas ex-alumnas do 
noso cole foron premiadas en distintos concursos:

Vera Santomé Juncal, que actualmente cursa 1º de Bacharelato no IES A Paralaia, gañou o 
II Concurso  de Microrrelatos de Amnistía Internacional cun relato sobre a crise dos refuxiados.
E Cristina González Miranda, alumna de 2º da ESO no mesmo instituto, gañou un 
Concurso de Vídeo patrocinado pola embaixada francesa.

As dúas non só estudaron en Seara, senón que tamén foron axudantes na Biblioteca do noso cole.
NORABOA VERA E CRISTINA! 

Abaixo podedes ver, pinchando nas fotos, as noticias nos xornais e incluso ler o microrrelato de Vera.