19/6/20

FELIZ VERÁN!!


E rematou o curso... Agora toca gozar do verán, pois merecédelo polo moito que vos esforzastes e traballastes dende a casa!!
Searín despídese de vós ata a volta cunha das súas cancións favoritas: o rap que creamos entre todos para o Día das Bibliotecas Escolares.

FELIZ VERÁN!!  

18/6/20

ECO-GRAZAS!

Dende Voz Natura e a biblio queremos darvos as grazas familias, por participar nos eco-retos feitos durante o confinamento. O resultado non podía ser mellor!! Encántannos cada unha das obras que conseguistes facer!!

Preme na imaxe para poder velas!






17/6/20

RECOMENDACIÓNS LECTORAS PARA O VERÁN

Xa co curso a piques de rematar, Searín proponvos lecturas e música para este verán. Algunhas están sacadas do forno recentemente e outras son de autores que vos gustan moito. 

Esperamos que as desfrutedes alá onde as levedes!!






16/6/20

O PAPAGAIO DE XUÑO

Aquí tedes o xornal do mes de xuño! Espero que gocedes coa súa lectura!!








"QUÉDATE EN GALICIA" POLO ALUMNADO DE 5º CURSO

Despois de investigar e aprender un montón sobre distintos países do mundo, o alumnado de 5º pensou que era un bo momento para volver á terra, xa que seguramente este verán non faremos viaxes de longa distancia e coñeceremos mellor Galicia. Así que, puxéronse a investigar e fixeron un percorrido polos 118 castelos que temos en Galicia!! A que ti tampouco imaxinabas que houbera tantos? 
Preme nos seguintes enlaces que tes abaixo para poder acceder ao seu blog e ver todas as interesantes propostas que vos ofrecen. 

https://quintoseara.blogspot.com/2020/06/castelos-de-galicia-publicidade-1.html

https://quintoseara.blogspot.com/2020/06/castelos-de-galicia-publicidade-2.html

https://quintoseara.blogspot.com/2020/05/castelos-de-galicia-diarios-de-viaxe.html


9/6/20

WILLY FOG E O ALUMNADO DE SEGUNDO CHEGAN A EEUU

Dende que comezou o curso, o alumnado de segundo está dando a volta ao mundo da man de Willy Fog. Xa estiveron en varios países como xa vistes en entradas anteriores e durante este tempo, dende as súas casas, continuaron coa aventura e chegaron aos EEUU. Aprenderon un montón de cousiñas interesantes sobre este país e realizaron murais con todas elas.
Canto traballaron estes rapaces e que resultado máis chulo obtiveron co seu esforzo! Noraboa!!















8/6/20

8 DE XUÑO: DÍA MUNDIAL DOS OCÉANOS

Hoxe celébrase o Día dos Océanos. Penso que é un bo día para reflexionar sobre a transformación que están sufrindo nestes últimos tempos debido á contaminación e todo o que nós podemos facer para axudar a súa mellora: reciclar, reutilizar, diminuír o uso de plásticos, axudar a manter limpas as praias, practicar deportes acuáticos responsables co medio ambiente...

Investiga e aprende sobre o tema, pois canto máis sabes sobre os problemas que afrontan os océanos máis quererás axudar a melloralos, tendo en conta que o modo de vida que levamos sobre a terra está directamente conectado co océano e os seus habitantes.



















4/6/20

ECO-RETO PARA O DÍA DO MEDIO AMBIENTE

Mañá, día 5 de xuño é o Día Mundial do Medio Ambiente, e dende Voz Natura propóñennos un novo eco-reto: "Land Art". Animádevos a crear as vosas propias obras de arte con todo tipo de elementos naturais que podemos encontrar na natureza!!



O próximo día 8

1/6/20

O PDI EN 4º E 5º: XAPÓN A TRAVÉS DOS HAIKUS

Antes de comezar o confinamento, o alumnado de 5º estaba aprendendo un montón de cousas sobre Xapón: historia, arte,cultura en xeral, gastronomía, deportes....Tamén traballaron sobre lendas e pintaron as típicas cerdeiras en flor e a "gran onda", viron anime, etc.
Aquí tedes algunhas fotos do mural que presentaron no corredor do segundo piso.









Durante esta etapa na casa, tanto a rapazada de 5º como o alumnado de 4º cuso, escribiron e decoraron HAIKUS. Os haikus son poemas antigos de orixe xaponés formados por tres versos de 5, 7 e 5 sílabas, sen rima.

Mirade que traballo máis interesante realizaron!!

HAIKUS DO ALUMNADO DE 4º CURSO (Preme sobre a imaxe para poder acceder)



HAIKUS DO ALUMNADO DE 5º CURSO





Hecho con Padlet