28/5/19

MALETA DE EMOCIÓNS

Na nosa biblioteca está a disposición de todos, alumnado e profesorado, a maleta viaxeira con libros sobre as emocións da Asesoría de Bibliotecas de Vigo.


27/5/19

ITINERARIO LECTOR COS ESCORNABOTS: NO CORAZÓN DO BOSQUE

Despois de ler, resumir e sobre todo gozar da marabillosa historia do corazón do bosque, os rapaces de cuarto elaboraron este taboleiro para os escornabots que nos permite seguir recordando.

26/5/19

NO CORAZÓN DO BOSQUE

A rapazada de 4º curso leu "No corazón do bosque" de Agustín Fernández Paz. Aquí podedes ver o seu traballo e a animación á lectura que Benjamín Míguez Novoa fixo sobre o libro.

25/5/19

EDUCACIÓN VIARIA COS ESCORNABOTS

Para comezar a traballar educación viaria, que mellor forma que facelo xogando cos escornabots nun plano con rúas.

Esta lámina está composta por 4 laminas A3, á que pódense unir outras máis, para facelo enorme, dependendo da distancia que queiramos que os nenos e nenas percorran co escornabot.

Na lámina hai rúas e cadrados e rectángulos onde os nenos e nenas poñen a súa foto, ou mellor, unha casa feita por eles memos. O escornabot só pode camiñar polas rúas.

Deste xeito, xogamos en grupos grandes, dende 6 nenos/as ou máis.

Comeza ún dos nenos ou nenas co escornabot onde se atopa a súa casa ou foto. Decide a qué casa ou foto do neno ou nena quere chegar. Cando chegue ata este compañeiro, é a quenda do destinatario Á vez, na mesma lámina, outro neno ou nena xoga tamén ó mesmo. Deste xeito, estarán varios escornabots na mesma lámina, o que implica que poidan cruzarse, chocar, interpoñerse no camiño, etc.

24/5/19

HERVÉ TULLET: PINTAMOS A MÚSICA

Marabilloso obradoiro de arte realizado  por Educación Infantil 5 anos e Cuarto de Primaria seguindo as ideas de Hervé Tullet no seu libro "Diviértete, Talleres con Arte" e a música proposta pola profe Luisa :"Marcha Turca" de Mozart, "O Fortuna - Carmina Burana" de Carl Orff, "Volare" de Federico Modugno, "Nana de Mercedes" da película El Laberinto del Fauno e a proposta do alumnado de 4º "Say my name" de David Guetta.

23/5/19

A PRENSA NA ARTE

Dentro do proxecto "Comunicando "  investigamos de que forma os medios de comunicación  estaban presentes na arte ,encontramos xornais nos collages do cubismo
(movemento artístico caracterizado pola utilización das formas xeométricas , como os cubos , triángulos e rectángulos) e entre eles escollemos para traballar o cadro " Naturaleza muerta y guitarra " de Juan Gris (1887-1927).


22/5/19

CONTACONTOS CON TAMARA ANDRÉS

Contacontos para os máis pequenos do colexio coa poetisa Tamara Andrés.

20/5/19

PROCESO DO PAN DE MILLO COS ESCORNABOTS

O alumnado de 2º curso aprendeu o proceso de elaboración do pan de millo a través da canción co mesmo título. Despois practicaron co panel dos escornabots.

19/5/19

XOGANDO COS ESCORNABOTS

O alumnado de terceiro preparou un taboleiro para xogar cos escornabots:

18/5/19

ESCORNABOTS E FRACCIÓNS

O alumnado de 3º e 4º cursos practica as fraccións cos escornabots.

16/5/19

IRIA COLLAZO E LUZ BELOSO EN SEARA

Despois de pintar dous marabillosos murais no edificio de Educación Infantil, Luz Beloso e Iria Collazo viñeron a contarlle ao alumnado de 3º e 4º curso como foi o proceso de creación literaria e plástica do seu libro "A casa do paralelo 54".


13/5/19

BOOKTUBERS DE SEARA: A CASA DO PARALELO 54

Elena e Lucía, de 5º curso, recoméndannos "A casa do paralelo 54", escrito pola autora moañesa Iria Collazo e ilustrado por Luz Beloso.

12/5/19

CONTOS CO ESCORNABOT

Co motivo do Día do Libro en abril e, ata pasadas as Letras Galegas, coa profe Luisa nas aulas de infantil estiveron xogando cos Escornabots usando láminas basadas en contos.

Éstos son os contos nos que están baseadas as distintas láminas:

• “A que sabe a lúa?” (Michael Grejmiec. Kalandraka Editora, 2018)
• “Corre corre cabaciña” (Eva Mejuto. OQO editora 2016)
• “O Grúfalo” (Julia Donaldson. Grupo Editorial Bruño, S.L., 2017)
• “Carapuchiña vermella” (Charles Perrault, 1967, os irmáns Grimm, 1812)
• “Os tres porquiños”

Os nenos e nenas xogan en grupo e, en cada un dos contos, por quendas van movendo o escornabot. Cada conto ten súas propias regras, que poden variar dependendo da dificultade que queiramos. Ademáis, algúnhas das láminas van acompañadas de “cartas” cos mesmos debuxos ca lámina, para que cada neno e nena saiba cando é a súa quenda e ata onde teñen que chegar.



Xógase deste xeito:

• “A que sabe a lúa?”: O escornabot sae dende a base. Cada neno/a ten unha tarxeta cun animal. Collen a tarxeta e leva o escornabot ata ese animal na lámina.

• “Corre, corre cabaciña”: En grupo de 4 nenos e nenas. Cada neno/a colle unha tarxeta. O escornabot comeza na casa, e comeza a movelo o neno/a que ten o lobo, logo o que ten o oso, despóis o león e, por último, a cabaza. Logo volve á casa pasando outra vez por tódolos persoaxes.

• “O Grúfalo”: Mesma dinámica ca do conto “Corre, corre cabaciña” pero cos persoaxes do conto “O Grúfalo”. Neste caso o esconrabot comeza no rato.

• “Carapuchiña vermella”: O escornabot comeza na casilla onde se atopa Carapuchiña co lobo. O neno ou nena que lle toque, decide o camiño a seguir ata a casa da avoa, o de Carapuchiña (longo) ou o do lobo (curto).

• “Os tres porquiños”: Grupo de 3 nenos e nenas. O escornabot sae dende onde se atopa o lobo. Cada nenos/a colle unha tarxeta (casa de palla, casa de madeira e casa de pedra). Comeza o neno/a que ten a casa de palla e leva o escornabot ata ella. A continuación, é a quenda do que ten a casa de madeira, e leva ó escornabot ata esa casa dende a de palla. E por último, o escornabot é levado ata a casa de pedra polo neno/a que ten esa tarxeta. En resumen, o escornabot é o lobo e ten que ir polas casas dos porquiños.

10/5/19

MES DO LIBRO: A AVOA DE LÚA E CÍRCULO DE LECTORES

Rosa, a avóa de Lúa, foi unha das primeiras representantes de Círculo de Lectores en Moaña, falamos dos anos 70,  en moitos lugares esta era unha das poucas formas, por non dicir a única, de achegarse á cultura e aos libros. Ela chegou a contar os socios por centenas e disfrutou moito do seu traballo.


7/5/19

MES DO LIBRO: IMPRENTA E LIBREIROS

Continuamos coas actividades do Mes do Libro (xa que abril se nos quedou curtiño por mor das vacacións). O alumnado de quinto curso recibiu a visita de Belén e Ricardo, faláronlles do seu traballo coma libreiros. Ademais Ricardo, que é propietario dunha imprenta familiar, faloulles deste traballo e amosoulles uns tipos móbiles que se usaban antes para imprimir de forma manual.


6/5/19

SERPES DE CORES E ESCORNABOTS

Esta actividade realizou a profe Luisa na aula de 3, 4 e 5 anos, en diferentes formas de xogo grupal co seguinte material: 
1- Serpe curta: composta pola saída (cola) e 6 cadrados, cada un dunha cor. Esta serpe ten un punto de movemento no medio.
2- Serpe longa: composta pola saída (cola) e 12 cadrados, con seis cores repetidas. Esta serpe ten tres puntos de movemento ao longo dela.
3- Dado: de seis cores, un en cada cara, as mesmas que a serpe.
Hai diferentes modalidades de xogo, empezando na aula de tres anos coa serpe curta, e na aula de cinco anos coa longa. Do máis fácil ao máis difícil, as actividades que fixeron son:
  1. Serpe curta recta, por grupos de nenos. En cada quenda, o neno que lle toque tira o dado. O Escornabot sae dende a cola e ten que avanzar ata a cor que lle saíu.
  2. Serpe curta dobrada. En cada grupo de nenos, ó que lle toque tira o dado e avanza dende a cola ata a cor que lle saíu. Pode xirar na esquina se a cor que lle tocou está posterior á esquina.
  3. Serpe longa recta. En cada grupo, o neno que lle toque tira o dado e avanza ata a cor que saíu. O seguinte neno tira o dado e empeza dende onde quedou o Escornabot da quenda anterior. Deste xeito, pode avanzar cara adiante ou cara atrás.
  4. Serpe longa facendo un cadrado (a punta da cola está tapada pola cabeza). En cada grupo de nenos, o que lle toque tira o dado e avanza dende un cadrado calquera ata a cor que lle saíu no dado. Nesta serpe van avanzando e teñen que xirar nas esquinas.
  5. Serpe longa non recta. En cada grupo, o escornabot comeza na cola e vai avanzando ata a cor que saíu. Como a serpe non é recta, cando o neno que lle toque chega a unha esquina, ten que xirar nesa esquina. O neno que lle toque a quenda, pode colocar a serpe como queira.
  6. Serpe moi moi longa, é dicir, pegamos moitas serpes unha a continuación da seguinte para crear unha única serpe en forma de cadrado ou rectangular xigante. Colócanse tres ou catro escornaots ao longo da serpe e, por quendas, tiran o dado e avanzan ata chegar a cor que lles tocou. O divertido é que algúns dos escornabots chegan a atoparse con outro, se enfrontan e os nenos teñen que salvar a situación.

5/5/19

LETRAS GALEGAS 2019: ANTÓN FRAGUAS

Pinchando na foto vaise ao Blog de Dinamización do noso cole, onde tedes materiais sobre o autor homenaxeado este ano no Día das Letras Galegas.

1/5/19

SCRATCH EN CUARTO: CAZA DO RATO

Xogo de scratch feito por Manuel Paz Pérez de 4º A

Resultado de imagen de o rato e o gato