28/2/22

CUMPRIMOS AS ORDES DO MECO

A semana do Entroido resultou moi divertida coas ordes do Meco. 

           

26/2/22

NEGRA SOMBRA

O alumnado do Ceip Seara adícalle o poema Negra Sombra aos mariñeiros do Villa de Pitanxo.

             

25/2/22

Sementando pensamentos

 Así conmemoramos en Seara o día de Rosalía de Castro.


 

 















24/2/22

VISITA PEPE TOBARUELA

 Pepe Torabuela presentou hoxe no cole o seu novo libro "Formig4s: misión Rosalía".

23/2/22

OBRADOIRO DE PILABOT

Como sabedes estamos a participamos no concurso de recollida de pilas de Pilabot. E dentro desta actividade tivemos a sorte de que ao alumnado de cuarto lles tocara un obradoiro sobre a  reciclaxe dos distintos tipos de pilas e acumuladores. Resultou unha actividade moi interesante e tamén moi divertida. Seguimos aprendendo e traballando para coidar o noso planeta!


16/2/22

QUINTO APRENDE A REGUEIFAR

Dentro das actividades propostas polo Concello, recibimos a visita de "Pinto de Herbón" e Luís "O Caruncho" que lle amosaron á rapazada de quinto como crear regueifas.

             

14/2/22

DÍA MUNDIAL DA RADIO

A través da canle do Día Mundial da Radio (https://es.unesco.org/commemorations/worldradioday) participamos na celebración deste día para concienciar a todos da importancia da radio. Este ano celébrase coa temática "Confianza no xornalismo radiofónico". A partir deste tema e, colaborando con Radio Espora e outros centros escolares galegos, gravamos unhas noticias falsas e uns consellos sobre como detectalas.

Coa elaboración de noticias falsas queremos concienciar da necesidade de que os xornalistas e os medios respecten as normas básicas dun xornalismo ético. Que se dean noticias certas e verificables, e que se faga polo ben de todos, cun fin de interese público, que esixa responsabilidades aos poderosos e que axude a sociedade a construir un futuro mellor para todos.

Aquí tedes o programa: O inicio é moi interesante, e tamén as aportacións dos outros coles (un pouquiño antes do minuto 11 empeza a nosa participación, feita polo alumnado de cuarto curso).

13/2/22

11F: CIENCIA EN FEMININO

Con motivo do 11 de febreiro, Día da Muller e a Nena na Ciencia e coa intención de levar a ciencia ás aulas, Faro da Escola invitounos a participar a través de Zoom das charlas das científicas do CSIC Cristina Álvarez (da Unidade de Tecnoloxía Mariña)  e Lara García (do Instituto de Investigacións Mariñas). 

Os máis pequenos (ata cuarto curso) uníronse á primeira charla, e os máis maiores á segunda. Falaron sobre a súa traxectoria, explicaron en que consiste o seu traballo e compartiron fotos e vídeos moi interesantes sobre o mesmo. Ademais os rapaces tiveron ocasión de preguntar as súas dubidas e curiosidades.


A MULLER E A NENA NA CIENCIA EN INFANTIL

 Un ano máis contamos coa colaboración das familias para que nos falen de ciencia e dos seus traballos. Moitas grazas!













11/2/22

O mundo de Inho

 En 6º participamos no obradoiro de Portugués O mundo de Inho.


É un obradoiro dirixido a 6º de primaria para amosarlles a alumnas e alumnos diferentes chaves

culturais do mundo lusófono, ademais de facerlles descubrir a facilidade para leren textos en 

portugués e así achegarlles a lingua portuguesa. O obradoiro foi pensado, desenvolvido e 

impartido pola AGAL (As. Galega de Lingua), unha entidade que promove a difusión na Galiza

do mundo que se expresa en portugués.



ATOPADO O ÚLTIMO RETO DE CIENCIA NA RADIO!

CIENCIA NA RADIO 5!

A polo derradeiro reto!

9/2/22

CIENCIA NA RADIO 3!

 Aquí tedes o terceiro programa co reto que nos propoñen dende a Biblio. Imos aló!

8/2/22

CIENCIA NA RADIO 2!

Aquí está o novo programa de Ciencia Na Radio onde Searín propón un novo reto para pensar con motivo do Día da Radio e o Día da Muller e da Nena na Ciencia. Será moi difícil?

7/2/22

CIENCIA NA RADIO 1 !

Dende a biblioteca, Searín proponvos uns retos científicos para celebrar o Día Mundial da Radio e o Día da Muller e da Nena na Ciencia. Aquí tedes o primeiro, a ver se acertades a resposta!

2/2/22

1/2/22

E TI, DE QUE TE QUERES CONTAXIAR?

Con motivo do Día da Paz reflexionamos, nesta época de pandemia na que vivimos, sobre cales son as cousas das que nos gustaría contaxiarnos. 

                    

21 días en galego

 Arranca a campaña coa participación, por cuarto curso consecutivo, de todos os centros escolares do Concello de Moaña.





En primeiro gozaron coa exclusiva actuación de Magín Blanco para o Concello de Moaña no espectáculo Xirarei cos Bolechas. Todos os martes e xoves destas tres semanas iranse facendo públicos os vídeos deste proxecto. Toca cantar e bailar cos Bolechas!