O alumnado de 6º de Educación Primaria visitou o instituto da Paralaia, onde os agardaba unha xornada chea de diversión, retos e novas experiencias.
Desfrutaron de xogos populares, puxeron a proba a súa habilidade coa billarda ou cachiza, atrevéronse coa escalada e resolveron enigmas nun divertido escape room na biblioteca.
E, como non podía ser doutra maneira nesta época do ano, tamén houbo tempo para saborear as tradicións: castañas asadas, chourizo e pan.
Unha xornada estupenda para compartir, aprender, convivir e achegarse a unha nova etapa educativa da mellor maneira posible!
Grazas ao IES A Paralaia por unha experiencia tan especial!
.png)
