Ao longo deste mes, o alumnado de 2º de Educación Primaria aprendeu moitas curiosidades sobre os ovos, os pitos e a raza da galiña de Mos. Tiveron na súa aula unha incubadora con ovos, e despois de agardar con moita paciencia... naceron os pitiños e con eles chegou a primavera.
Grazas a Diego e a AVIMO, Asociación de Avicultores da Raza Galiña de Mos, pola súa labor dedicada ao ensino, divulgación e conservación de razas autóctonas galegas.
No hay comentarios:
Publicar un comentario